Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

OS CEIP PLURILINGÜES Nº1 E Nº2 DE TUI PARTICIPAN NA 4ª EDICIÓN DO PROGRAMA -RECÍCLATE CON SOGAMA-

Coa axuda e asesoramento de Sogama implantarán a recollida selectiva de residuos, grazas á disposición dunha illa de reciclaxe con tres contedores de 120 litros de capacidade cada un

Coa axuda e asesoramento de Sogama implantarán a recollida selectiva de residuos, grazas á disposición dunha illa de reciclaxe con tres contedores de 120 litros de capacidade cada un

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Noviembre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

Un total de catorce centros escolares galegos de educación primaria foron seleccionados para participar este curso académico na cuarta edición do programa Recíclate con Sogama, organizado pola Xunta de Galicia e coa Sociedade Galega do Medio Ambiente e que forma parte das iniciativas enmarcadas dentro do Plan Proxecta, que ten como principal obxectivo a educación en valores.

 

A iniciativa estenderase ao conxunto de alumnos que cursan os seus estudos nestes centros, polo que suman preto de 4.000 participantes. A distribución por provincias é a seguinte:

 

-       Provincia da Coruña: dous, CPR Nosa Señora do Rosario, de Arzúa, e CEIP A Cristina, de Carballo.

-       Provincia de Lugo: tres, CEIP Celso Currás, de Trabada, CEIP Muimenta, de Cospeito, e CEIP Veleiro-Docampo, de Castro de Rei.

-       Provincia de Ourense: dous, CPR Plurilingüe Divina Pastora, de Ourense cidade; e CPR Plurilingüe Divina Pastora, de O Barco de Valdeorras.

-       Provincia de Pontevedra: sete, CEIP Laredo, de Redondela; CEIP Plurilingüe Nº1 e CEIP Plurilingüe Nº2, de Tui; CEIP Espedregada, de Poio; CEIP Julia Becerra Malvar, de Ribadumia; CPI Aurelio Marcelino Rey García, de Cuntis; e CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, das Neves.

 

Todos eles, coa axuda e o asesoramento de Sogama, procederán a implantar a recollida selectiva de lixo nos seus recintos a fin de que, tanto os alumnos como os docentes, participen activamente na mesma mediante a separación de refugallos en orixe e correcto depósito nos contedores correspondentes.

 

Medios materiais e didácticos

Sogama enviará a cada colexio unha illa de reciclaxe conformada por tres contedores de 120 litros de capacidade cada un, para separar correctamente os refugallos: amarelo, para os envases de plástico, latas e briks; azul, para o papel e cartón; e verde convencional, para a fracción resto. O obxectivo último é que a comunidade educativa adquira e afiance hábitos de clasificación de materiais, e que os mesmos se estendan aos fogares como medida indispensable para contribuír á reciclaxe e os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.

 

Cada colexio conta cun profesor coordinador do proxecto, que é o que manterá un contacto permanente con Sogama, encargándose da organización e supervisión de diversas actividades nas que se involucrarán diversos docentes que colaborarán activamente na iniciativa, aportando o seu traballo e experiencia.

 

No caso dos centros que conten con servizo de comedor, e dispoñan de xardín ou horta, habilitarase cun composteiro de 340 litros, co que poderán elaborar compost a partir da materia orgánica xerada. Desta forma, non só pecharán o ciclo de reciclaxe e recuperación desta fracción de desperdicios, senón que contribuirán á prevención e redución dos mesmos, obtendo un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo.

 

A nivel didáctico, e co fin de trasladar aos centros os coñecementos básicos na xestión sostible dos residuos urbanos, a empresa proporcionará a cada un diverso material divulgativo en soporte papel (carteis e folletos fundamentalmente, avanzados no seu momento por vía dixital), á vez que xa lles remitiu unha guía específica para o profesorado e unha presentación que lles axudará a formar aos pequenos nas boas prácticas ambientais vinculadas ao lixo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí