Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os concellos de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia xa teñen novo clube de baloncesto, o Baixo Miño Basket

O vindeiro Domingo 07 de xaneiro ás 10:00 horas terá lugar a presentación oficial do Clube

O vindeiro Domingo 07 de xaneiro ás 10:00 horas terá lugar a presentación oficial do Clube

Fecha: 07 de Enero de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O vindeiro Domingo 07 de xaneiro ás 10:00 horas terá lugar a presentación oficial do Clube, coincidindo coa organización do VII Torneo de Nadal de Baloncesto "Vila da Guarda".

Os concellos de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia teñen o seu primeiro Clube de baloncesto conxunto, o Baixo Miño Basket. Unha das novidades máis importantes deste novo equipo é que é o primeiro formado por nenas e nenos dos diferentes concellos, fomentando valores e habilidades como o traballo en equipo, respecto e cooperación, convivencia ou compañeirismo entre outros.

Este novo Club deportivo darase a coñecer cun torneo de presentación que terá lugar o vindeiro domingo 7 de xaneiro no pavillón do IES A Sangriña, en A Guarda, onde se darán cita os xogadores e xogadoras dun equipo co que se pretende crear canteira e impulsar a práctica do deporte entre a mocidade da zona.

Arredor de 30 rapaces e rapazas da comarca de entre 13 e 17 anos de idade comezarán con ganas novamente os seus adestramentos este 2018, o que sen dúbida suporá unha oportunidade para mellorar de xeito integral e fortalecer a aposta polo deporte de base.

Se queres unirte a nos, manda un email a club.baloncesto.bmb@gmail.com ou watsapp ó 696729755 e nos poñeremos en contacto contigo.


O domingo 7 de decembro, dende ás 10 da maña no Pavillón do IES A Sangriña , o Concello da Guarda e o Baixo Miño Basket BMB, coa colaboración de diferentes patrocinadores, volve dar espazo na súa programación de Nadal ó Torneo 3x3 de Baloncesto "Vila Da Guarda".

Comezaremos o torneo ás 10 da mañá, estando programado o primeiro partido ás 10:15.

Os participantes de todos os equipos deben estar no Pavillón da Sangriña a partir das 9:45 para a presentación do torneo.

INSCRICIÓNS DOS EQUIPOS: O torneo ten un límite de 10 equipos, formados por un mínimo de 3 e máximo de 5 persoas. Os equipos poderán ser indistintamente masculinos, femininos ou mixtos. Xogarase en 2 grupos de 5 equipos.

Custo da inscrición: Gratuito.
Inscrición: https://formfy.com/form/8576507 ata as 14:30 do 4 de xaneiro.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones