Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os grupos de Randufe, Rebordáns, Caldelas e Pazos de Reis participan na XIII Semana de Teatro Amador en Tui

Celebrarase dende o martes 11 ao venres 14 ás 21 h no Teatro Municipal.

Celebrarase dende o martes 11 ao venres 14 ás 21 h no Teatro Municipal.

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Abril de 2023

Fuente: Concello de Tui

As artes escénicas están moi presentes na programación das Festas de San Telmo 2023.  O teatro será o protagonista dende o martes até o venres no Teatro Municipal de Tui da man de catro grupos locais que estrearán novas obras na XIII Semana de Teatro Amador. 

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, salienta esta aposta polo teatro afecionado durante as festas dando así visibilidade ao gran labor que se realiza nos distintos centros culturais das parroquias. Un evento no que os catro grupos participantes aproveitan para estrear as súas novas montaxes nas que levan traballando ao longo dos últimos meses.

Así o martes 11 o encargado de abrir esta XIII Semana de Teatro Amador será o grupo de Teatro Chirlomirlo de Randufe con “Don Quixote”. O mércores 12 será a quenda do grupo de teatro San Fins de Rebordáns con “A comisión da Valadas”. Mentres o xoves 13 o  grupo de teatro A Insua de Caldelas porá en escena “E ti, a que escola fuches?” e pechará a programación o venres 14 o grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis con “Deus (unha comedia)”. A cita será cada día ás 21 h.

As entradas para cada representación están xa á venda en tui.gal ao prezo de 2€. Cada xornada ás 20 h poranse á venda 100 entradas no despacho de billetes para a representación desta noite. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí