Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os Infantís da AD Tomiño gañan a súa liga e ascenden a Primeira

Os Cadetes xogarán a promoción de ascenso.

Os Cadetes xogarán a promoción de ascenso.

Fecha: 03 de Mayo de 2018

Fuente: AD Tomiño

A falta dunha xornada para que remata a competición, os Infantís da AD Tomiño, lograron o título de liga e, polo tanto, o ascenso directo á Primeira Autonómica Infantil. Deuse a casualidade de que o conseguiron sen xogar pois, a certificación matemática do seu triunfo produciuse coa derrota do UD Ribera nunha xornada na que os tomiñeses non tiñan encontro.

Pero o campión non gaña a liga nunha xornada e os de Nacho fixéron méritos durante todo o ano para proclamarse, con xustiza, como os mellores da súa liga. Os datos falan por si mesmos: equipo menos goleado, segundo máis goleador e perdendo só dous partidos na liga, o último en novembro do ano pasado.

Os Infantís vermellos amosáronse durante toda a liga como un grupo, un equipo con maiúsculas e, con perseveranza e tamén, moita calidade, foron mellorando xornada a xornada ata asaltar o liderato para xa non soltalo.

O ascenso, que se resistiu durante varias tempadas, culmina o gran traballo deste grupo de xogadores e dos seus técnicos e supón unha mostra máis de que, en Tomiño, hai canteira.

O éxito dos Infantís, únese ao dos Xuvenís ‘A' tamén campións, e ao dos Cadetes, que só un ano despois de ascender a Primeira Autonómica, pelexarán por lograr o ascenso a Liga Galega tras rematar a competición regular en postos de promoción. O equipo de Bruno resistiu e colouse entre os mellores para culminar unha continuación excelente aos éxitos da pasada campaña.

A AD Tomiño felicítase e felicita a todos os seus xogadores, xogadoras e membros do corpo técnico polos grandes resultados obtidos nas ligas e, tamén, por facelo se deixar nunca de lado o principal obxectivo da entidade: crear canteira e formar persoas

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones