Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os Infantís e os Xuvenís A da AD Tomiño buscan o dobrete

Este sábado imos todos a animar aos nosos equipos: unha temporada espectacular merece un final á altura. Go reds!

Este sábado imos todos a animar aos nosos equipos: unha temporada espectacular merece un final á altura. Go reds!

Fecha: 02 de Junio de 2018

Fuente: AD Tomiño

A tempada toca ao seu fin e, como non podería ser doutro xeito logo dun curso espectacular, rematámola por todo o alto. Logo da final de Copa xogada polos Benxamíns 'B' a pasada semana, este sábado tócalle aos nosos Xuvenís ‘A' e Infantís que ademais buscan o dobrete, cada un o seu!

O Federativo de Coya tinguirase de vermello este sábado 2 pola tarde para animar a dous dos equipos que máis nos fixeron desfrutar este ano. Para animar a afección a acompañar aos rapaces, a AD Tomiño freta dous autobuses que sairán do Centro Deportivo VYP ás 14:30 o primeiro e ás 15:30 o segundo; o prezo é de 4€ por persoa e as prazas son limitadas.

En autobús ou en coche, ás 16:30 hai que estar preparados pois dará comezo a primeira final, a que medirá aos nosos Infantís coa Asoc. Dep. A Cañiza. Os de Nacho, que xa gañaron ao seu rival durante o torneo regular, non deben confiarse e terán que botar man de toda a súa intensidade e, sobre todo, bo fútbol, para conseguir a guinda a unha grandísima temporada.

Case sen tempo para tomar folgos volveremos a darlle uso ás nosas gorxas para animar aos Xuvenís ante o Erizana CF. O rival dos nosos rapaces non fixo unha temporada moi brillante pero aínda así foi capaz de gañarlles aos nosos campións un dos partidos e prantáronse na final de Copa con total merecemento. Os rapaces adestrados por Merino e Bojan, logo da xesta do ascenso, teñen a oportunidade de pechar o curso como se merece e, de seguro, non se gardarán nada na caseta.

Este sábado imos todos a animar aos nosos equipos: unha temporada espectacular merece un final á altura. Go reds!

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones