Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

OS SOCIALISTAS GALEGOS ESIXEN Á XUNTA UNHA VEZ MÁIS -O NOVO EDIFICIO XUDICIAL DE TUI- PREVISTO NO PLAN DE INFRAESTRUTURAS 2010-2015 PARA O SECTOR

-O goberno galego e o seu vicepresidente, Alfonso Rueda, rexeitaron a nosa emenda aos orzamentos deste ano para axilizar a súa construción-, sostén a viceportavoz do PSdeG, Carmen gallego

-O goberno galego e o seu vicepresidente, Alfonso Rueda, rexeitaron a nosa emenda aos orzamentos deste ano para axilizar a súa construción-, sostén a viceportavoz do PSdeG, Carmen gallego

Fecha: 14 de Marzo de 2016

Fuente: Comunicación PSdeG-PSOE

A viceportavoz dos socialistas galegos no Parlamento, Carmen Gallego, esixiu hoxe de novo a construción do novo edificio xudicial de Tui, cumprindo o previsto no plan de infraestruturas 2010-2015 da Xunta para o sector.

"O servizo público da xustiza é vital e os socialistas estamos convencidos de que, polos tempos que corren, agora son máis necesarias que nunca medidas de reforma", afirma Gallego, que lamenta "non so á paralización das mesmas por parte do goberno do Partido Popular, senón á introdución de novas medidas que dificultan, burocratizan e fan moito máis lenta e inaccesible a xustiza á cidadanía".

"Os xulgados de Tui son un desastre e xa houbo varias concentracións dos traballadores dos tres xulgados para demandar novas instalacións, xa que de feito non hai un edificio propio", lembra a viceportavoz do PSdeG.

"O Plan de infraestruturas xudiciais 2010-2015 contemplaba, xa na súa primeira fase 2010-2013, un novo edificio xudicial, cun investimento de tres millóns de euros; hai cinco anos que se creaba o Xulgado nº 3 no pequeno local cedido provisionalmente polo Concello de Tui e alí segue, non hai espazo para gardar as cousas e os cidadáns necesitan un bo servizo que, nesas condicións, é imposible prestar", advirte.

"A Xunta permanece, como case sempre en xustiza, muda; O goberno galego e o seu vicepresidente, Alfonso Rueda, rexeitaron a emenda aos orzamentos deste ano para axilizar a construción do novo edificio para Tui, polo que esiximos o cumprimento do plan de infraestruturas", rematou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones