Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os Socialistas manifestan que é contradictorio cuestionar o funcionamento da Oficina de Urbanismo do Concello de Tui

Afirmación feita ante a inclusión na Orde do Día do Pleno de Febreiro a contratación dun Catálogo de Procedementos para a Oficina de Urbanismo.

Afirmación feita ante a inclusión na Orde do Día do Pleno de Febreiro a contratación dun Catálogo de Procedementos para a Oficina de Urbanismo.

Fecha: 01 de Marzo de 2019

Fuente: Socialistas de Tui

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Tui manifesta a súa incredulidade ante o anuncio feito polo Alcalde de Tui de voltar a levar a pleno a contratación dun catálogo de procedementos para o Departamento de Urbanismo do Concello de Tui, cando no Concello de Tui xa existe un programa, que deixou en marcha o Goberno anterior, chamado Xestiona, mediante o cal se pode facer un seguimento exhaustivo ao funcionamento das unidades administrativas do Concello de Tui.

Desde este Grupo se lle recorda ó Alcalde que é contradictorio cuestionar o funcionamento da Oficina de Urbanismo do Concello de Tui a vez que se lle permite a Concelleira de Urbanismo Chus da Silva estar ausente das suas obrigas coma concelleira de Urbanismo mentres se adica ao seu posto de traballo. A propia concelleira recoñecía en declaracións a un medio de comunicación que "dende que se incorporou ao seu posto de traballo, só se dirixira mediante providencia a unha funcionaria do Departamento de Urbanismo". Dita afirmación é o reflexo do abandono e falla de fiscalización de dito Departamento.

Outras das cousas que chama poderosamente a atención é o feito de tratar de aprobar, xa o final de este mandato, este denominado "catálogo", mediante unha modificación de crédito con cargo ao remanente de tesorería e non mediante unha modificación orzamentaria, que sería o reglamentario. Asemade non é necesario que o Alcalde leve a pleno a mencionada contratación si realmene esa é a súa intención, xa que dispón de todo tipo de mecanismos de poder executar esa contratación, do cal se desprende que a única intención é o uso político e irresponsable de este asunto, que curiosamente, trata de abordar ao final desta lexislatura e non ó inicio do seu mandato, coma sería o máis lóxico, si realmente lle preocupase o problema, xa que nin tan siquera si incluiu no Proxecto de Orzamentos aprobado para o ano 2018.

Resulta tamén paradóxico que no Expediente de Pleno non exista nin tan siquera unha simple memoria de ese famoso "catálogo" que cando menos, explique a metodoloxía do traballo que se quere supostamente, implantar.

O Grupo Municipal Socialista voltou pedir o cumprimento do acordo plenario na que os Grupos da Oposición do Concello de Tui solicitaron a creación dunha Comisión para a adopción das medidas que se acordaran, solicitando asimesmo, que se trasladen a esa Comisión os datos que xa figuran na Plataforma Xestiona e donde se reflexa con rigor cantos expedientes se tramitan, quen os tramita e o estado dos mesmos.

O Grupo Municial Socialista entende que con estas medidas o único que se pretende é gobernar a golpe de titular de prensa, en xeito modo para tratar de encubrir unha xestión nefasta, neste caso tamén na Oficina de Urbanismo e cuio reflexo son as actas das Xuntas de Goberno que reflexan unha nula actividade nese Departamento, lembrándolle ó actual alcalde, que durante a súa etapa de concelleiro non fiscalizou un só expediente da Oficina de Urbanismo, trate de abandeirar agora un suposto intento de solución aos problemas de ese Departamento.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones