Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Teixugos Luís Fernández e Brais Castro no Campionato de Europa sub-23 de slálom

De novo o Club Deportivo Miño deu metido no equipo nacional a dous deportistas, neste caso Brais Castro e Luís Fernández, no equipo de C1 sub-23.

De novo o Club Deportivo Miño deu metido no equipo nacional a dous deportistas, neste caso Brais Castro e Luís Fernández, no equipo de C1 sub-23.

Fecha: 21 de Agosto de 2018

Fuente: Rosa Fernández

Do 16 ao 19 de agosto, veñen de celebrarse na cidade eslovaca de Bratislava os Campionatos de Europa Júnior e Sub-23 de slálom.

De novo o Club Deportivo Miño deu metido no equipo nacional a dous deportistas, neste caso Brais Castro e Luís Fernández, no equipo de C1 sub-23.

A súa participación comezou o venres 17 coas clasificatorias, nun circuíto complicado e de moi alto nivel. o primeiro intento, Brais Castro fixo unha baixada boa, con so dous segundos de penalización por un toque, pero demasiado lenta para entrar en semifinais, rematando vixésimo terceiro ; pola súa banda Luís saltou unha porta, e con cincuenta segundos de penalización, tamén quedou fóra das semifinais coa trixésimo segunda posición. Na segunda manga, Brais volveu facer unha baixada boa, pero novamente demasiado lenta para semifinais, Luís, pola súa banda, fixo nesta ocasión unha baixada impecable que o meteron en semifinais.

O domingo celebráronse as semifinais de canoa onde Luís volveu facer un percorrido sen penalizacións pero algo lento que o deixaron fóra das finais, pero con un máis que respectable décimo sexto posto.

Novamente o Club Deportivo Miño volve facer historia con dous deportistas na selección nacional, outros dous galegos tamén o conseguiron, Ainhoa Lameiro e Daniel Pérez do Piragüismo Penedo. Nesta ocasión a representación galega volveu sen medallas, pero coa cabeza moi alta, pois xa o gañar praza no equipo nacional é un reto que, ata fai uns anos, era un imposible para os piragüistas galegos, pois o slálom galego está subindo de maneira imparable, e ano a ano gaña en experiencia e en calidade.
 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí