Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Teixugos, mellor equipo no Campionato Galego de Slálom

O Club Deportivo Miño Teixugos acudiu ao torneo con nove deportistas que tiveron unha destacada actuación.

O Club Deportivo Miño Teixugos acudiu ao torneo con nove deportistas que tiveron unha destacada actuación.

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Julio de 2021

Fuente: Rosa Carrera

Este sábado celebrouse en Arbo o Campionato Galego de Slálom, a máis importante das competicións da Liga Galega. O mellor dos clubs galegos acudiu ao evento, no que destacou, de forma negativa, a baixa participación feminina. O Club Deportivo Miño Teixugos acudiu ao torneo con nove deportistas  que tiveron unha destacada actuación.

En K1 feminino sénior o podio estivo totalmente dominado polas “teixugas”: Ainhoa Barreiro fixo o mellor tempo da categoría gañando o ouro, Laura Alonso foi prata e Alba Soutelo bronce. Na modalidade de C1 muller sénior, Alba Soutelo acadou a súa segunda medalla, nesta ocasión de ouro.

En C1 home sénior Luís Fernández fixo o segundo mellor tempo, a tan solo medio segundo de gañar a carreira. Na mesma categoría Brais Castro foi sexto e Emilio Rodríguez noveno.

En K1 home júnior, Alexis Segadaes acadou a medalla de prata facendo o segundo mellor tempo, e Sergio Rodríguez foi bronce.

En K1 home sénior, Luís Fernández, subiu ao podio a recoller outra medalla de prata ao rematar segundo.

En K1 home veterano, Emilio Rodríguez gañou a proba, acadando a medalla de ouro.

Destacada participación do club, que rematou o torneo con oito medallas: dous ouros, catro pratas e dous bronces.

Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos foi o que acadou unha maior puntuación, que o fixo gañador do campionato, seguido polo Club Piragüismo Penedo e, en terceiro lugar, o Club Tea de Mondariz.

Tamén se celebrou o Campionato Galego por Equipos, tamén coñecidas como patrullas, unha modalidade moi espectacular e vistosa, na que tres padexeiros de cada club deben facer a baixada xuntos.

En K1 home sénior, o equipo formado por Emilio, Brais e Luís, foi segundos por detrás do Tea de Mondariz, os mesmos deportistas repetiron prata e canoa ou C1, nesta ocasión por detrás do Piragüismo Penedo.

En K1 home júnior, Alexis, Sergio e Mateo Rivas , tamén subiron ao podio co terceiro mellor tempo.

En K1 sénior feminino, Alba, Laura e Ainhoa, acadaron o ouro.

A seguinte competición a que terán que facer fronte o equipo será o Campionato de España  que se celebrará en Sort o 7 e 8 de agosto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí