Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os turistas contarán cun -servizo lanzadeira- de taxis para achegarse ao Monte Aloia en Tui dende a Semana Santa

Establécense tarifas planas de subida e baixada ao Parque Natural para promocionar os recursos turísticos de Tui

Establécense tarifas planas de subida e baixada ao Parque Natural para promocionar os recursos turísticos de Tui

Fecha: 18 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de Tui

Dende a Semana Santa, turistas, peregrinos e veciños que queiran achegarse ao Parque Natural do Monte Aloia, xoia medioambiental de Tui, contarán cun novidoso servizo de lanzadeira de taxis con prezos vantaxosos.

O novo servizo xorde co acordo chegado entre o a Concellería de Turismo e a Asociación Taxista de Autopatronos de Tui polo que se establecen tres rangos de tarifa plana de subida e baixada ao Parque Natural. A primeira delas terá un custe de 12€, ida e volta, para visitas inferiores a 30 minutos. A continuación, o prezo será de 16€ cun tempo de espera de 30 minutos e de 20€ para visitas de 1 hora. Todas as viaxes teñen como punto de partida e destino a parada de taxis na rúa Camilo José Cela, ao carón do vello centro de saúde. Lógrase así unha redución significativa nos custes para os usuarios á vez que se dota dun servizo seguro, profesional e constante para a visita e promoción do monte.

Segundo apunta o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, o obxectivo é "promocionar un recurso turístico tan importante para Tui como o Monte Aloia" á vez que se "potencian as visitas ao centro de interpretación". Así mesmo, "evítase o intrusismo" nestas viaxes, dando maior seguridade aos usuarios.

O Concello de Tui divulgará entre os visitantes este novo servizo a través de folletos e cartelería que será distribuída nos principais puntos de información.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones