Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Oubiña e Cantero inspiran a futuros deportistas profesionais no IES de Tomiño

Cristina Cantero e Borja Oubiña explicaron hoxe ás rapazas e rapaces do Instituto de Tomiño as posibilidades e dificultades de dedicarse profesionalmente ao mundo do deporte.

Oubiña e Cantero no ciclo de conferencias Que queres ser de maior? no Instituto de Tomiño

Fecha: 21 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Cristina Cantero e Borja Oubiña explicaron hoxe ás rapazas e rapaces do Instituto de Tomiño as posibilidades e dificultades de dedicarse profesionalmente ao mundo do deporte. A conferencia e coloquio celebrouse en colaboración coa Fundación Celta no auditorio do instituto, onde asistiron uns 100 mozos e mozas de primeiro e cuarto da ESO (12 a 16 anos). O ciclo de conferencias Que queres ser de maior? ofrece sempre a visión feminina e a masculina dunha mesma profesión, para obter a panorámica completa de orientación profesional para os alumnos.

O Concello de Tomiño impulsa o programa Educación da boa, que inclúe un proceso popular de propostas e votación para escoller nome para o instituto e unha mellora da comunicación entre alumnos, profesores e pais que conforman a comunidade escolar.

Borja Oubiña é licenciado en ciencias Empresariais e profesional da secretaría técnica do Celta. Foi xogador e capitán do Celta e tamén da selección española e do Birmingham.

Cristina Cantero é adestradora do Celta de Baloncesto Feminino e ex xogadora profesional.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones