Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PLAY-DOC PREPÁRASE PARA A SÚA DÉCIMA EDICIÓN

O Festival Internacional de Documentais de Tui pechou a súa convocatoria de inscrición de filmes o 30 de novembro, con máis de 500 cintas recibidas de 40 países

Fecha: 21 de Diciembre de 2013

Fuente: Play-Doc

Play-Doc Festival Internacional de Documentais celebrará en 2014 a súa décima edición. O obxectivo do certame sempre foi achegar aos espectadores películas documentais nas marxes da distribución cinematográfica comercial, mostrando os traballos máis destacados e transgresores da colleita fílmica de cada tempada. Para isto, convócanse prazos de recepción de filmes cada ano. Para a súa vindeira edición, o festival recibiu ata o pasado 30 de novembro, momento no que se pechou a convocatoria, un total de máis de 500 películas chegadas de 40 países diferentes. De aquí sairá unha selección que procura sempre novas linguaxes no terreo do documental. O festival tamén lle dedica retrospectivas a nomes fundamentais do xénero. En edicións anteriores, pasaron por Tui grandes mestres do cinema como Artavazd Pelechian, Bogdan Dziworski, Ross Mcelwee, Jay Rosenblatt ou os irmáns Maysles.
Ao longo destes nove anos, o festival non deixou de medrar e recibir importantes recoñecementos.
Caracterízase por ter consolidado un modelo diferente, de dimensións reducidas pero grande en ambicións cinematográficas, feito dende a periferia, nunha localidade pequena en Galicia. Así o destacaron importantes medios especializados españois e estranxeiros, asistentes ao festival, como Cahiers du Cinéma, Caimán Cuadernos de Cine, Sight&Sound ou Transit. A pesar dos seus limitados recursos, conseguiu alcanzar unha notable repercusión dentro e fóra de España grazas, entre outras razóns, aos importantes acordos e actividades conxuntas con outros festivais.
Adicionalmente, acadou sona polo seu compromiso de formación de cineastas, que levou o certame a desenvolver iniciativas coma os obradoiros 'Docs in Progress' ou 'O retrato filmado', canteira de documentalistas premiados con posterioridade en festivais internacionais. O seu carácter festivo e o contacto co público lograron ademais manter unha audiencia masiva, fiel e heteroxénea, que superou xa os 60.000 espectadores ao longo das súas 9 edicións.
Por último, ponse en marcha un ano máis 'Play-Doc Support'. Esta campaña de recadación de fondos pretende paliar os recortes orzamentarios sufridos nas últimas edicións. Quen desexe contribuír e colaborar co festival de maneira directa, recibirá descontos e/ou pases especiais para as actividades programadas. As doazóns pódense facer a través da web do festival, www.playdoc.
com. Con esta iniciativa, Play-Doc busca dar solidez orzamentaria a un proxecto consolidado, que soubo atopar o seu lugar no mapa de festivais de cinema grazas á súa esixinte programación.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones