Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

PLAY-DOC RENDE HOMENAXE AO CINEMA LUSO RECENTE

A revista A Cuarta Parede presenta hoxe no marco do festival o libro Jugar con la memoria

Fecha: 04 de Abril de 2014

Fuente: Play-Doc

Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, acolle mañá a presentación do libro Jugar con la memoria. El cine portugués en el S. XXI, escrito por colaboradores da revista A Cuarta Parede, e editado por Shangrila. Esta é a primeira monografía en español sobre a última gran xeración de cineastas lusos, que inclúe nomes premiados en festivais internacionais, como Miguel Gomes (Tabú) ou João Pedro Rodrigues (Morrer Como Um Homem). O volume parte de Pedro Costa (Juventud en marcha) como un cineasta faro para Portugal, a partir do cal xurdiron moitos outros, que están a revisar a memoria do país veciño.
 
Aproveitando a presentación desta novidade editorial, o festival Play-Doc mostra un pequeno ciclo de documentais portugueses, asinados por cineastas desta xeración. Os títulos incluídos son Alvorada Vermelha (João Pedro Rodrigues, João Rui Guerra da Mata, 2011), É na Terra não é na Lua (Gonçalo Tocha, 2011) e Terra de Ninguém (Salomé Lamas, 2012), que se pasa mañá, con presenza da súa autora. A sesión contará cun debate moderado polos membros da revista.
 
A colaboración con A Cuarta Parede faise extensible ademais á posta en marcha dun seminario de crítica. Os poñentes son Antonio Weinrichter, reputado especialista en cinema documental e non narrativo; o catedrático da USC José Luís Castro de Paz, e os críticos da prestixiosa revista Caimán Cuadernos de Cine, Jara Yáñez e José Manuel López.
 
Estrea dos últimos filmes de Pereda en España
A programación de mañá inclúe tamén a estrea en España de Matar extraños e El palacio, os últimos traballos do cineasta mexicano Nicolás Pereda, homenaxeado este ano cunha retrospectiva. Pásanse ademais tres filmes de sección oficial: Albino, Manakama e Stop the Pounding Heart. Esta última contará coa presentación de Diego Romero Suárez-Llanos, o seu director de fotografía. A película, que se caracteriza precisamente por estar rodada dun xeito moi preciosista, segue o día a día de Sara, unha adolescente que se cría nunha familia de granxeiros de Texas, moi tradicional. A cinta ficcionaliza ese ambiente real, traballando con actores non profesionais, que se interpretan a si mesmos. É unha estratexia similar á que segue o homenaxeado desta edición, Nicolás Pereda, que no documental de Minervini adquire dimensións de western etnográfico.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí