Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PLAY-DOC REVALIDA A SÚA SECCIÓN DA CRÍTICA

Ábrese convocatoria ata o 15 de febreiro para que os críticos poidan enviar propostas de películas a programar

Como novidades, poderán participar profesionais estranxeiros noutros idiomas e a sección será competitiva, con tres títulos que optarán ao premio CAMIRA Foto: Tamara de la Fuente

Fecha: 23 de Enero de 2016

Fuente: Play Doc Tui

O Festival Internacional de Documentais Play-Doc pon en marcha por segundo ano consecutivo a sección da crítica RESONANCIAS. Organizada en colaboración coa Asociación Convergencias de la Crítica Cinematográfica, que se encarga da selección dos títulos, este programa intenta funcionar como punto de unión para a crítica cinematográfica, en especial aquela máis puxante e nova, nada no seo de internet.

Outra das ideas fundamentais desta iniciativa é achegar o diálogo da crítica ao público, polo que todas as sesións son presentadas polos profesionais que elixiron as películas, para promover a conversa en torno a elas. Neste mesmo espírito de crear comunidade no certame, este ano a convocatoria ábrese a críticos estranxeiros ata en catro idiomas: español, inglés, francés e portugués.

A diferencia das máis habituais seccións da crítica, que propoñen unha selección pechada dende a equipa de programación do festival en colaboración con críticos; neste caso ábrese unha convocatoria para que todo crítico que así o desexe, poida enviar as súas propostas. A equipa de RESONANCIAS elexirá tres delas, tendo en conta a relevancia dos títulos enviados como renovadores da linguaxe cinematográfica, e a calidade dos argumentos expostos. Os críticos poden enviar os seus textos ata o 15 de febreiro. As bases poden consultarse xa na web.

Como novidade, as películas seleccionadas optarán amais ao premio CAMIRA da crítica, outorgado pola asociación internacional de críticos do mesmo nome, competindo en igualdade de condicións cos títulos da sección oficial. En breve, daremos a coñecer a composición dos xurados e das películas seleccionadas en cada unha das seccións do festival.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones