Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PLAY-DOC TUI ENTRE OS FESTIVAIS AUDIOVISUAIS GALEGOS RECIBIRÁN UNHA ACHEGA DE CULTURA E EDUCACIÓN

Os beneficiarios son as edicións de 2014 do Play-Doc de Tui, o Festival de Cans, a Mostra de Cinema Periférico da Coruña, o Curtocircuíto de Santiago e o Festival Amal

Esta convocatoria responde as suxestións recibidas na Consellería e realizadas polo sector audiovisual

Fecha: 05 de Marzo de 2014

Fuente: www.xunta.es

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolveu a primeira convocatoria pública de subvencións para festivais do sector audiovisual coa adxudicación, en distintas contías, da dotación total de 90.000 euros entre cinco eventos dedicados á difusión dos distintos xéneros cinematográficos que se celebrarán en Galicia entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2014.

 

Deste xeito, percibirán financiamento a través destas axudas o Festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui (24.373,57 euros), o Festival de Cans (20.660,81 euros), a (S8) Mostra de Cinema Periférico que se celebra na Coruña (17.360,58 euros), o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal (13.845,09 euros) e o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto de Santiago de Compostela (13.750,95 euros).

 

Coa posta en marcha deste programa de subvencións a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), o departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad da resposta ás suxestións recibidas desde o propio sector audiovisual, no sentido de regular a través dunha convocatoria pública o seu apoio económico a certames, semanas e mostras audiovisuais, que ata o momento se materializaba a través de diferentes acordos de colaboración e de patrocinio. A tramitación deste expediente realizouse a través dun anticipado de gasto, co propósito de facilitar a planificación dos certames aos adxudicatarios.

 

O seu obxectivo é optimizar, sistematizar e garantir a transparencia na adxudicación dos recursos públicos a este tipo de eventos, de xeito que o orzamento dispoñible para este fin sexa distribuído de acordo cunha serie de criterios obxectivos, así como da valoración da traxectoria, programación, viabilidade e interese dos proxectos presentados.

 

Criterios aplicados

As cantidades concretas adxudicadas, resultantes da aplicación dos criterios e baremos establecidos nas bases das subvencións, serán percibidas polos organizadores de cada festival. Entre os requisitos esixidos están o de desenvolverse en Galicia entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2014, ou o de ter realizado un mínimo de tres edicións consecutivas inmediatamente anteriores á publicación da convocatoria.

 

A comisión de valoración analizou ademais a traxectoria dos festivais tomando en consideración datos relativos á súa programación, antigüidade, asistencia de público, repercusión nos medios de comunicación social, interese estratéxico para o sector e  impacto económico e cultural no territorio onde se celebra, entre outros aspectos.

 

Na avaliación dos proxectos tamén se tivo en conta a programación e duración da edición de 2014 de cada evento, a súa promoción do traballo dos realizadores galegos e o impulso á nova creación, as accións dirixidas ao fortalecemento do sector en Galicia, o seu carácter competitivo, os programas de cooperación, a contribución á formación de públicos, a presenza de autores, o plan de comunicación ou a edición do catálogo do evento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones