Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pleno extraordinario o martes 14 de marzo en Tui

O vindeiro martes día 14 de marzo ás 20:00 horas

O vindeiro martes día 14 de marzo ás 20:00 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Marzo de 2023

Fuente: Concello de Tui

“RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO EXTRAORDINARIO
Dada a necesidade de tratar sen demora os asuntos incluídos na convocatoria, esta Alcaldía, de acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, RESOLVE:
PRIMEIRO.-Convocar Sesión con carácter de Extraordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o vindeiro martes día 14 de marzo ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello e con carácter público, motivada na necesidade de tratar asuntos que non admiten demora e resolver os puntos incluídos na seguinte:
ORDE DO DÍA
A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 1/2023 de data 26/01/2023.
2º.- Expediente 415/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 02/03/2023, relativo á modificación das Bases de Execución, na súa Base 55, apartado 1,3 e 9 “Axudas e subvencións públicas" do Orzamento do concello de Tui correspondente ao exercicio 2022, actualmente prorrogadas para o 2023 e aprobación do anexo subvencións e detalle Cap. IV e VII Orzamento Prorrogado 2023.
3º.- Expediente 419/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 03/03/2023, de aprobación do expediente recoñecemento extraxudicial de crédito Nº 1/2022.
4º.- Expediente 508/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 01/03/2023, de aprobación do expediente de modificación de crédito 4/2023 (Crédito Extraordinario 1/2023), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.
5º.- Expediente 509/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 01/03/2023, de aprobación do expediente de modificación de crédito 5/2023 (Crédito Extraordinario 2/2023), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.
6º.- Expediente 510/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 01/03/2023, de aprobación do expediente de modificación de crédito 6/2023 (Crédito Extraordinario 3/2023), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.
7º.- Expediente 534/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 03/03/2023, de aprobación do expediente de modificación de crédito 10/2023 (Crédito Extraordinario 4/2023), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.
8º.- Expediente 511/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 02/03/2023, de aprobación do expediente de modificación de crédito 7/2023 (Suplemento de Crédito 1/2023), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais
9º.- Expediente 2708/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta de alcaldía, de data 27/02/2023, de ratificación dos acordos plenarios adoptados na sesión ordinaria 1/2023 de data 26/01/2023, puntos 4º e 5º relativos a solicitudes de revisión do Inventario de Vías e Camiños municipais.
10º.- Expediente 1732/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta de alcaldía, de data 24/02/2023, de prestar conformidade ao "Documento administrativo de formalización da cesión en propiedade a título gratuíto dun inmoble situado no Concello de Tui"; antigo Pazo de Xustiza.
11º.- Expediente 363/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 08/03/2023, favorable á proposta de alcaldía, de data 17/02/2023, en cumprimento da Sentenza 103/2022 de 20/05/2022 do Xulgado C-A N.1 de Pontevedra.
SEGUNDO.-Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión, e facendo remisión ás medidas e recomendacións sanitarias sinaladas na parte expositiva.
TERCEIRO.-Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.
CUARTO.- Considerando o Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19, e de acordo coas Directrices sobre o uso de máscaras na Comunidade Autónoma de Galicia, de data 25/04/2022,da Dirección Xeral de Saúde Pública, recoméndase o uso de máscara ao público asistente.”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí