Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PLENO ORDINARIO DA CORPORACIÓN DE TUI ESTE XOVES DÍA 24 DE SETEMBRO

Convocar a Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día 24 de setembro, xoves, ás 20:00 horas

Convocar a Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día 24 de setembro, xoves, ás 20:00 horas

Fecha: 24 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

ORGANO COLEXIADO: Pleno Corporativo.

Nº DE SESIÓN: 9/2015

CARÁCTER: Ordinaria.

 

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO

Resolución da Presidencia do órgano colexiado mais arriba mencionado, pola que se convoca sesión de carácter ordinaria.

De acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, esta alcaldía, RESOLVE:

PRIMEIRO.- Convocar a Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día 24 de setembro, xoves, ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte

 

ORDE DO DÍA

 

1º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA Nº 8/2015, DE 30 DE XULLO

 

2º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS, FACENDA, PATRIMONIO E PERSOAL SOBRE APROBACIÓN DA CONTA XERAL CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2014.

 

3º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS, FACENDA, PATRIMONIO E PERSOAL SOBRE APROBACIÓN MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES.

 

4º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, CONTRATACIÓN, OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS SOBRE APROBACIÓN INICIAL DUN NOVO TEXTO DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA CONVIVENCIA CIDADÁ EN ESPAZOS PÚBLICOS DO CONCELLO DE TUI.

 

5º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, CONTRATACIÓN, OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS SOBRE APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA REGULADORA DE ORNATO PÚBLICO E LIMPEZA VIARIA NO CONCELLO DE TUI.

 

6º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, CONTRATACIÓN, OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS SOBRE A DESIGNACIÓN DE FESTIVOS LOCAIS NO CONCELLO DE TUI PARA O ANO 2016.

 

7º.- CONTROL ÓS ÓRGANOS DE GOBERNO:

 

7.1. Disposicións de interese.

 

7.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.

 

7.3. Dación de conta do informe trimestral de intervención de cumprimento das obrigas trimestrais de subministración de información da Lei 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, correspondente ao primeiro e segundo trimestre do 2015.

 

7.4 Dación de conta das Resolucións de Alcaldía de levantamentos dos reparos interpostos pola Intervención municipal, durante o exercicio 2014, para dar cumprimento ao establecido no artigo 218.3 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas locais, na súa redacción pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de Racionalización e Sostibilidade da Administración local.

 

7.5. Mocións.

 

7.6. Rogos e preguntas.

                                                    

SEGUNDO.- Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.

 

TERCEIRO.- Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.

 

 Mándoo e asínoo en Tui a 21 de setembro de 2015

 

 O alcalde                                                                                    Dou fe, a Secretaria en funcións


                                                                                                   

 

 Enrique Cabaleiro González                                                           María Jesús Blanco Martínez

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones