Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Pleno Ordinario da Corporación Local de Tui este xoves

Xoves 26 de Xaneiro ás 20:00h

Xoves 26 de Xaneiro ás 20:00h

Fecha: 26 de Enero de 2017

Fuente: Concello de Tui

ORGANO COLEXIADO: Pleno Corporativo.
Nº DE SESIÓN: 1/2017
CARÁCTER: Ordinario

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO
Resolución da Presidencia do órgano colexiado mais arriba mencionado, pola que se convoca sesión de carácter ordinaria.
De acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, esta alcaldía, RESOLVE:


PRIMEIRO.- Convocar á Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día 26 de xaneiro ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte
ORDE DO DÍA
1º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE BORRADOR DE ACTA DE SESIÓN ANTERIOR EXTRAORDINARIA Nº14/2016, DE 28/12/2016.

2º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS, FACENDA, PATRIMONIO E PERSOAL DE SOLICITUDE AO MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS DE AUTORIZACIÓN PARA REPOSICIÓN DE CATRO PRAZAS VACANTES DA POLICÍA LOCAL

3º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS, FACENDA, PATRIMONIO E PERSOAL DE CONCESIÓN DE BONIFICACIÓN DO 50% DO ICIO CORRESPONDENTE AS DISTINTAS OBRAS PROMOVIDAS POLOS SEGUINTES INTERESADOS: ENRIQUE PÉREZ MARTÍNEZ, EN REPRESENTACIÓN DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE PAZOS DE REIS; DONA ISABEL DEL BARRIO GÁNDARA; DONA MARÍA LUISA VINADER MARQUINA E DIRECCIÓN XERAL DA POLICÍA.

4º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, OBRAS, CONTRATACIÓN E SERVIZOS DE PROPOSTA DO GRUPO MUNICIPAL BNG DO CONCELLO DE TUI SOBRE A TRANSFERENCIA DA AP-9.

5º.- PROPOSTA DO CONCELLEIRO DE EUROCIDADE, RELACIÓNS SUPRAMUNICIPAIS E COMERCIO DE UTILIZACIÓN TANDO DO ESCUDO COMO DA BANDEIRA DO CONCELLO DE TUI DE FORMA CONXUNTA OU INDIVIDUALMENTE.

6º.- CONTROL ÓS ÓRGANOS DE GOBERNO:

6.1. Disposicións de interese.

6.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.

6.3. Mocións.

6.4. Rogos e preguntas.

SEGUNDO.- Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.

Mándoo e asínoo en Tui, 20 de xaneiro de 2017.

O Alcalde Dou fe,

A Secretaria


Asdo. Enrique Cabaleiro González. Asdo. Pilar Fernández Alonso

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones