Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PLENO ORDINARIO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE TUI ESTE XOVES 28 DE ABRIL

Día 28 de abril, ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria

Día 28 de abril, ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria

Fecha: 28 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tui

NOTIFICACIÓN

ORGANO COLEXIADO: Pleno Corporativo.
Nº DE SESIÓN: 4/2016
CARÁCTER: Ordinario
ASUNTO: Notificando acordo.

Con data 25 de abril de 2016, o Sr.Alcalde-Presidente ditou a resolución co tenor literal que se indica:

"RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO
Resolución da Presidencia do órgano colexiado mais arriba mencionado, pola que se convoca sesión de carácter ordinaria.
De acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, esta alcaldía, RESOLVE:
PRIMEIRO.- Convocar á Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día 28 de abril, ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte
ORDE DO DÍA
1º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE BORRADORES DE ACTAS DE SESIÓNS Nº2/2016, DE 25/02/2016 E Nº 3/2016, DE 23/03/2016.

2º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS, FACENDA, PATRIMONIO E PERSOAL DE APROBACIÓN EXPEDIENTE CRÉDITO EXTRAORDINARIO 1/2016.

3º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS, FACENDA, PATRIMONIO E PERSOAL DE APROBACIÓN DE EXPEDIENTE Nº 1/2016 DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS.

4º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS, FACENDA, PATRIMONIO E PERSOAL DE APROBACIÓN DE EXPEDIENTE Nº 2/2016 DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS.

5º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS, FACENDA, PATRIMONIO E PERSOAL DE RECLAMACIÓN DO MANTEMENTO DA PARTIDA ORZAMENTARIA DESTINADA Á VAC TUI - A GUARDA.

6º.- CONTROL ÓS ÓRGANOS DE GOBERNO:

6.1. Disposicións de interese.

6.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.

6.3. Dación de conta do Plan Orzamentario a medio prazo correspondente ao período 2017/2019, elaborado ao abeiro do disposto no artigo 29 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

6.4. Dación de conta do informe trimestral de intervención correspondente ao cuarto trimestre do exercicio 2015, elaborados conforme a Guía para a elaboración dos informes trimestrais que as entidades locais deben remitir ao Ministerio de Economía e Facenda, en cumprimento do artigo 4º da Lei 15/2010, de 5 de xullo, de Medidas de loita contra a morosidade.

6.5. Mocións.

6.6. Rogos e preguntas.

SEGUNDO.- Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso."

O que lle notifico pola súa condición de interesado, en cumprimento do establecido no artigo 58 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico e procedemento administrativo común, e no artigo 194 do RD 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime xurídico das Entidades Locais.

A citada resolución pon fin á vía administrativa polo que contra a mesma pode interpoñerse RECURSO DE REPOSICIÓN no prazo dun mes ante o mesmo que ditou o acto, conforme ao previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/92 do 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, se non quere exercitar o seu dereito a presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, órgano xurisdicional competente, conforme ao establecido na Lei 29/98, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Tui, 25 de abril de 2016

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones