Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PORTUGAL GAÑA A IX EDICIÓN DO TRIATLÓN DA AMIZADE E CUSTODIARÁN O TROFEO DA AMIZADE TOMIÑO- CERVEIRA

Os deportistas Diego Paz na categoría masculina, e Rita María Lopes, categoría feminina, proclamáronse vencedores do Triatlón.

Nesta edición contouse con máis de 200 participantes incluindo as categorías adulta, infantil, cadete e alevíns.

Fecha: 22 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

Onte celebrouse entre os Concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira a IX edición do Triatlon da Amizade. Nesta edición contouse con máis de 200 participantes incluindo as categorías adulta, infantil, cadete e alevíns. O triatlon, como ven sendo habitual, discorreu por terras tomiñesas e cerveirenses e contou coa participación de  deportistas de ambas beiras.

Nas modalidades para os máis pequenos que se celebrou  ás 11:00 no espazo fortaleza, participaron máis dunha veintena de cativos.

A proba para adultos iniciouse ás 15:45 en Goián onde concluiu despois de atravesar o río , de completar un circuito de bicicleta de montaña na vila de Vila Nova de Cerveira, de cruzar a ponte da amizade e de percorrer o Espazo Fortaleza de Goián.

Portugal defendeu o título por terceiro ano consecutivo fronte a Galicia e proclamouse vencedora novamente nesta novena edición. Un ano máis a Câmara de Vila Nova de Cerveira custodiará o trofeo da Amizade até a vindeira edición.

Os gañadores desta edición  foron en categoría masculina, Diego Paz  do clube Arcade Inforhouse, na categoría feminina Rita María Lopes do clube Amiciclo.

As federacións galega e portuguesa de triatlon xunto cos Concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira foron os responsables da organización deste evento fronteirizo que o vindeiro ano voltará no mes de setembro.

A Alcaldesa, Sandra González, declaraba onte que "estamos moi satisfeitos polo papel dos galegos que destacaron en tódalas probas demostrando a boa saúde do deporte galego".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones