Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PP de Tomiño: A dúas velas en Tomiño

Dende a alcaldía propuxéronse que nos convertamos nun pobo a escuras.

Dende a alcaldía propuxéronse que nos convertamos nun pobo a escuras.

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Octubre de 2022

Fuente: PP de Tomiño

Os cortes de luz nas parroquias son cada vez máis frecuentes xa que o goberno do BNG tomou a decisión de aforrar cartos dándolle para abaixo o interruptor do alumeado público. Nestes momentos están alternando os cortes por zonas, de xeito que acenderán unha noite en Amorín, outra en Barrantes, outra en Goián...

A administración local debería ter a capacidade de previr situacións excepcionais mediante unha xestión prudente e sensata dos cartos dos veciños, pero en Tomiño non é así. Queren converter un ben de primeira necesidade como é a luz nun privilexio, e isto vai máis aló do custo actual da enerxía.

Malgastar os cartos sen sentido en obras inxustificadas ao longo dos anos de mandato ten consecuencias perniciosas e agora tócanos pagar o pato aos de sempre. O goberno local está a aproveitar a situación actual como escusa da súa incompetencia xestora durante os 15 anos de mandato e en 2023 terá consecuencias reflectidas nas urnas.

Desde que se impuxo esta medida xa aumentaron as denuncias por roubos e consta que están entrando en vivendas do barrio do Carregal de Arriba, na parroquia de Amorín.

Dende o Partido Popular instamos á alcaldesa Sandra González a reverter esta situación que cualificamos de insostible e tomaremos medidas legais se estas decisións seguen tendo prexuízos directos para os nosos veciños.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí