Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Preocupación nos pais/nais e veciños de Malvas, ante a posibilidade do peche da Escola para o vindeiro Curso Escolar

A baixa natalidade, a emigración e a conciliación familiar, fan que a Escola de Malvas poida formar parte no vindeiro curso, dese grupo de escolas do Medio Rural, que pechan as súas portas para sempre.

A baixa natalidade, a emigración e a conciliación familiar, fan que a Escola de Malvas poida formar parte no vindeiro curso, dese grupo de escolas do Medio Rural, que pechan as súas portas para sempre.

Fecha: 10 de Junio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A baixa natalidade, a emigración e a conciliación familiar, fan que a Escola de Malvas poida formar parte no vindeiro curso, dese grupo de escolas do Medio Rural, que pechan as súas portas para sempre.
 
Esta é a preocupación que nos fan chegar os pais/nais da Escola de Malvas, así como os seus veciños e representantes veciñais de esta pequena parroquia de Tui, situada ao pé do Monte Aloia, nun entorno natural onde educar aos seus fillos/as e pertencente ao Cra Mestra Clara Torres. Buscamos que o inicio na etapa escolar dos nosos fillos/as sexa o máis próximo ao seu entorno e ao seu fogar.
 
Esta é unha escola cunha historia de case 100 anos, pola que pasaron os nosos avós, os nosos pais, nós e agora os nosos fillos, feita co esforzo dos nosos tataravós.
 
Que co seu traballo, pedra a pedra e os poucos aforros que tiña cada un, levantaron unha escola na parroquia, para que os seus fillos/as tiveran acceso á educación. Neste momento, depois de varias xuntanzas, os pais/nais, representantes veciñais, Dirección do centro, Administracións Municipais, Administración Educativas, traballan no mesmo senso, evitar o peche da escola. Xa que este será un ano excepcional e nos vindeiros cursos está garantido o número mínimo de alumnado.
 
A isto temos que engadir, que grazas ao "Plan Retorno para emigrantes" que puxo en marcha a Xunta de Galicia ( emigración da que a parroquia de Malvas foi unha das máis castigadas do concello de Tui), xunto a novas familias que optan por esta parroquia como o seu fogar, garantirán o futuro da escola nos vindeiros anos. Situación pola que xa pasaron en anos anteriores outras escolas do concello e grazas a medidas excepcionais nun curso escolar, acadaron seguir abertas e ser un referente.
 
Animamos a todas aquelas familias que busquen un entorno natural, familiar, cunha ensinanza individualizada, plurilingüe, con acceso ás novas tecnoloxias, para os seus fillos na primeira etapa das súas vidas, que valoren a Escola de Malvas como una opción educativa, xa que a escola está dotada con todo tipo de equipamentos e profesorado que se poidan precisar para esta etapa escolar. Así mesmo, aproveitamos para agradecer o gran esforzo e boa vontade que están a levar a cabo as distintas Administracións, a Dirección, os representantes veciñais para que isto sexa posible.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones