Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Presentado en Fitur a acción de promoción turística dos cascos hitóricos de Galicia do que Tui forma parte

? Román Rodríguez presentou en Fitur este novo produto que se desenvolveu durante o Ano Europeo do Patrimonio Cultural e no que a Xunta segue a traballar para ampliar destinos e guías

Aglutina baixo un mesmo paraugas a preto de 30 itinerarios que destacan polo seu atractivo e capacidade para xerar oportunidades e atraer viaxeiros

Fecha: 24 de Enero de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou hoxe en Fitur Un paseo cheo de historia e vida, un recorrido que pretende poñer en valor o encanto ás veces descoñecido dos cascos históricos de Galicia e crear unha experiencia turística que potencie a autenticidade do destino galego. Trátase dunha nova estratexia que se segue ampliando e na que a Xunta continúa a traballar para engadir novos destinos.

Esta nova oferta presentada en Fitur foi desenvolvida durante o Ano Europeo do Patrimonio Cultural que acaba de rematar e aglutina baixo un mesmo paraugas a preto de 30 itinerarios que percorren as catro provincias da nosa Comunidade. Todos estes destinos destacan polo seu atractivo e pola súa capacidade para xerar oportunidades de emprego e de desenvolvemento territorial sustentable. Ademais son localidades nas que se produce un impacto moi positivo do turismo e da cultura.

Segundo explicou o titular autonómico de Cultura e Turismo, este novo proxecto nace "para crear unha experiencia única coa que potenciar a autenticidade do destino galego a través do fomento da asociación entre cultura, compras e gastronomía". Nesta liña, seleccionáronse negocios que destacan pola súa especial autenticidade e que en moitas ocasións se manteñen grazas ao traballo transmitido de xeración en xeración, aínda que tamén destacan experiencias emprendedoras que sobresaen pola combinación dos valores tradicionais e a modernidade. No eido da gastronomía, o segundo motivo polo que os viaxeiros visitan Galicia, foron seleccionados establecementos que coidan o produto e impulsan a materia prima autóctona.

Cómpre destacar que estas novas rutas se poden enmarcar no compromiso da Xunta recollido na Estratexia do Turismo de Galicia 2020 de que a actividade turística garanta a preservación dos espazos especialmente sensibles e a conservación da súa autenticidade e dos valores patrimoniais. Son, ademais, propostas dispoñibles todos os días do ano e permiten coñecer recursos máis aló dos lugares máis visitados.

Candidatas a Patrimonio Mundial
Galicia é unha terra cun vasto patrimonio cultural sobranceiro recoñecido pola UNESCO na lista do Patrimonio Mundial. Neste momento, Galicia está a avanzar no impulso de tres novas candidaturas como son a Ribeira Sacra, as Cíes-Illas Atlánticas e Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración, que enriquecerán a nosa oferta turística patrimonial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones