Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Preséntase a app -Galegas con Recursos- unha guía de recursos fronte a violencia de xénero

Trátase dunha iniciativa da Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui

Trátase dunha iniciativa da Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Noviembre de 2022

Fuente: AMEI TUI

O venres 11 de novembro presentouse no Liceo Casino de Tui a iniciativa ‘Galegas con Recursos’, un programa integral de difusión, formación e información de recursos para mulleres que pon en marcha a Asociación de Mulleres en Igualdade AMEI Tui.

A primeira parte do programa, que se presentou o venres 11 de novembro, consiste no lanzamento dunha app cun directorio de recursos para mulleres vítimas de violencia de xénero, coa que se pretende centralizar nunha única ferramenta todos os recursos dispoñibles en Galicia.

Na presentación participaron, Ana María Nuñez, concelleira de Igualdade do Concello de Tui, María Victoria Alonso, Deputada de Cultura e Igualdade na Deputación de Pontevedra e Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Tamén expuxeron o traballo que fan dende as entidades de iniciativa social as compañeiras de Mulleres en Igualdade Vigo e a letrada do Cim de Mos Ana María Rodríguez explicou os diferentes servizos que ofrecen os Cims

O obxectivo da app Galegas con Recursos é facilitar o acceso a información sobre recursos dispoñibles,porque, segundo comenta Anabel Solla, presidenta de AMEI Tui, “os recursos salvan vidas, é de vital importancia que as mulleres coñezan os seus dereitos, que coñezan os recursos dispoñibles e que poidan acceder a eles dende a palma da súa man”.

A aplicación está pensada para ser utilizada por calquera persoa que queira estar informada pero tamén por entidades públicas, asociacións e profesionais que atenden a mulleres vítimas de violencia de xénero, xa que axilizará e facilitará a súa labor.

É unha app áxil e intuitiva onde se pode encontrar información sinxela e directa dos recursos existentes agrupados segundo a súa área. Galegas con recursos é moi sinxela en canto o acceso ós contidos, xa que eliminamos distracións para centrarnos nos recursos e protocolos pero ó mesmo tempo moi completa xa que se vincula con diferentes utilidades do noso smartphone.

Xa está dispoñible para descarga a través de Google Play, tamén se está a elaborar unha páxina web, coa mesma finalidade, utilizando como base a app Galegas con Recursos.

“Estamos moi ilusionadas co proxecto que nos permite, dende a nosa pequena entidade en Tui, poder desenvolver unha ferramenta a nivel autonómico que será de utilidade a moitísimas mulleres de toda Galicia,” declara Anabel Solla.

A app desenvolveuse grazas a unha subvención da Xunta de Galicia para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e foi cofinanciada polos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. A iniciativa tamén contou coa colaboración da Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra.

“Levamos traballando case un ano e medio no desenvolvemento desta app, cun equipo de profesionais que se deixaron a pel para sacar o proxecto adiante cando non sabiamos se encontrariamos financiamento,” comenta Anabel Solla. E engade, “Femupo puxo á nosa disposición toda a súa infraestrutura para poder xerar as sinerxías que lograron ter a app dispoñible.”

Xa está dispoñible para Descarga a través de Google Play

?  https://play.google.com/store/apps/details?id=io.ionic.galegasconrecursos&gl=ES

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí