Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Preséntase na Guarda o libro -Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos-

Venres 11 de novembro ás 20:00h na Casa dos Alonso da Guarda.

Venres 11 de novembro ás 20:00h na Casa dos Alonso da Guarda.

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

Roberto Mera recupera para a historia a figura do deputado republicano que liderou a evacuación desde Francia de 17.000 exiliados durante a guerra civil

 

O Salón de Plenos do Concello da Guarda acollerá o vindeiro venres, día 11 de novembro, a presentación do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, do avogado e politólogo Roberto Mera, publicado por Belagua Ediciones. O acto, organizado en colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e Louriña, terá lugar ás 20.00 horas, e estará introducido polo escritor Francisco Álvarez, “Koki”.

 

Neste libro, dispoñible en versións en galego e en castelán, Roberto Mera recuperou para a historia a vida do seu tío bisavó, o deputado republicano Alejandro Viana (Ponteareas, 1877-México DF, 1952), cuxa intervención foi decisiva para a evacuación dende Francia cara a América de 17.000 refuxiados republicanos tras o estoupido da guerra civil española.

 

Pola súa trascendencia na recuperación da memoria democrática, o libro foi galardoado este ano co premio Antón Losada Diéguez, na categoría de Investigación e Ensaio.

 

A través dunha inxente documentación atopada en diversos arquivos, Mera Covas constrúe un libro ameno e de áxil lectura para contar os dezaséis últimos anos da vida de Alejandro Viana, «un home íntegro e entregado aos demais», que fuxiu a Francia co goberno da República e arriscou a súa vida, acosado pola Gestapo e a Falanxe, para salvar a decenas de miles de persoas antes de poder el mesmo embarcar cara ao exilio en México, onde morreu en 1952.

 

A epopea que narra este libro comeza co estoupido da Guerra Civil. Daquela Alejandro Viana tiña xa unha dilatada traxectoria vital e era un relevante persoeiro do empresariado, a política e a sociedade de Vigo.

 

Alejandro Viana, que puido porse a salvo nos primeiros compases da guerra porque tiña os medios económicos e os contactos necesarios para facelo, optou por permanecer xunto ao goberno da República no exilio francés e, á fronte do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles, axudar os seus concidadáns na procura da liberdade, nun exemplo de entrega aos demais, fiel sempre aos valores republicanos.

 

O libro é, en palabras do seu autor, «un acto de xustiza para un home que merecería o apelativo do Schindler galego por méritos propios e que, porén, foi vítima, como tantos e tantas, do sepulcral esquecemento imposto polo medo e o terror de corenta anos de ditadura, alongado ata os nosos días por un vergoñento pacto de silencio».

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí