Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Preto 11.500 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Turismo de Tui en xullo

Son 4.500 persoas máis que no mesmo mes do ano pasado. O tren turístico e as visitas guiadas están a ter unha gran acollida

Son 4.500 persoas máis que no mesmo mes do ano pasado. O tren turístico e as visitas guiadas están a ter unha gran acollida

Fecha: 13 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de Tui

A Oficina Municipal de Turismo de Tui rexistrou o pasado mes de xullo un total de 11.486 consultas por parte de turistas e peregrinos que se achegaron ata este punto situado na Praza de San Fernando.

Das 11.486 persoas que pasaron por este punto de información 7.592 eran españois e 3.894 estranxeiros. Deste total 2.547 eran peregrinos que se achegaron ata a Oficina de Turismo a selar a súa credencial ou demandar información sobre aloxamento, trazado do camiño, o lugares de interese a visitar. Os peregrinos estranxeiros foron os máis numerosos con 1.542 consultas e os nacionais con 1.005.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, fai un balance positivo destes datos, tendo en conta o incremento rexistrado con respecto ao mesmo mes do ano pasado cando 6.902 persoas pasaran pola Oficina Municipal de Tui. Salientaba amais o edil a gran acollida que están a ter as iniciativas no eido turístico que se puxeron en marcha este verán coma as visitas guiadas gratuítas ou o tren turístico que une a Fortaleza de Valença e o casco urbano de Tui.

No tren turístico, nunha hora aproximada de percorrido, os viaxeiros teñen a oportunidade de percorrer as rúas da Fortaleza de Valença - dende onde sae ás horas en punto, atravesar a vella Ponte Internacional, e subir pola Avenida de Portugal, Martínez Padín, e Augusto González Besada ata o céntrico Paseo da Corredoira en Tui. O punto de saída do tren en Tui é a Praza da Inmaculada pola mañá ás 11.30h, 12.30h e 13.30h, pola tarde ás 16.30h, 17.30h e 18.30h e pola noite ás 22h e ás 23h. O prezo da viaxe de ida e volta é de 3€ existindo descontos para nenos e grupos.

Por outra parte proseguen as visitas guiadas gratuítas ao conxunto histórico. Pola mañá ás 12.30h de luns a venres, e ás 13h os sábados, domingo e festivos, realízanse ao Tui Xudeu coa particularidade de que este ano por vez primeira pódese visitar o único patio xudeu que se conserva en Galicia - o patio de Salomón- e os martes e xoves os sambenitos no Museo Diocesano. Polas tardes ás 20h de luns a domingo faise un percorrido polo Tui medieval. Saen da Praza da Inmaculada.

A Oficina Municipal de Información Turística abre de luns a domingo de 9 a 14 e de 15 a 19h. De luns a venres - salvo festivos - vese reforzada polo Punto de Información Turística, na praza da Inmaculada, que atende de 9.30h a 14.30h.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones