Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PRETO DE 50 VEHÍCULOS DE TODA A COMARCA DO BAIXO MIÑO PARTICIPARÁN ESTE SÁBADO NO II RALLY SAN TELMO DE REGULARIDADE

A proba é solidaria, xa que os participantes deberán entregar 5 quilos de alimentos coa súa inscrición

Os coches participantes estarán en Tui, na traseira da Área Panorámica, de 15h a 17h, para poder ser contemplados polos asistentes

Fecha: 26 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

Preto de 50 vehículos de toda a comarca do Baixo Miño e do norte de Portugal participarán no II Rally San Telmo de Regularidade. Hoxe, ás 12.30 horas españolas, no edificio da Cámara Municipal de Valença, realizouse a presentación do "II Rally da Regularidade San Telmo", organizado pola Escudería Doña Urraca, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que terá lugar este sábado día 26 de setembro.

Á presentación acudiron Laureano Alonso, concelleiro de Deportes de Tui, José Monte, vereador de Deportes da Cámara Municipal de Valença e Marcos Romero, presidente da Escudería Doña Urraca.

Laureano Alonso e José Monte, concelleiros de Deportes, coincidiron en subliñar a importancia deste rally, xa que se trata dunha importante iniciativa para dinamizar a Eurocidade, ó fortalecer a vida comercial e hostaleira das dúas cidades.

Marcos Romero, presidente da Escudería Doña Urraca, deu conta de que esta proba ten un cariz solidario, xa que os participantes deben entregar 5 quilos de alimento no momento de inscribirse, que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño e á Loja Social de Valença.

Os coches participantes estarán na Fortaleza de Valença de 13h a 15h e na traseira da Área Panorámica de Tui de 15h a 17h para poder ser contemplados polo público asistente. A partir das cinco da tarde, comeza a carreira. O itinerario da ruta vai ser secreto ata o momento da saída, e ós participantes entregaráselles unha guía da ruta. Deberán manter a súa velocidade, que será controlada polos membros da organización. Unha vez finalizada a proba farase unha cea cos participantes onde se fará a entrega de premios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones