Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Preto do 60% das persoas que remataron a súa formación no programa Emprego Inclusivo en Nigrán e Tui acadaron a inserción laboral en 2023

O programa, financiado pola Deputación de Pontevedra, está dirixido a persoas desempregadas en situación de vulnerabilidade

O programa, financiado pola Deputación de Pontevedra, está dirixido a persoas desempregadas en situación de vulnerabilidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Enero de 2024

Fuente: fundacionerguete

O programa Emprego Inclusivo, financiado pola Deputación de Pontevedra e desenvolvido dende a Fundación Érguete-Integración coa colaboración de diferentes concellos, pon punto e final ao 2023 con datos moi positivos: ao longo do ano, 24 persoas participaron nas formacións ofrecidas, das que o 87,5 % finalizaron con éxito. Así mesmo, 12 acadaron un posto de traballo, o que supón case un 60 % de insercións entre as e os participantes que remataron o programa.

 

Nesta ocasión, os concellos de Nigrán e Tui foron os encargados de acoller as accións formativas, no primeiro caso de “Auxiliar de comercio e reposición” e, no segundo, de “Auxiliar de almacén”. Ambos cursos contaron cun total de 190 horas, nas que se ofreceu ao alumnado tanto capacitación en competencias técnicas como transversais, ademais de orientación para o emprego e prácticas non laborais. Neste sentido, 14 empresas colaboraron acollendo ás persoas participantes ao longo de 80 horas de prácticas, dándolles así a oportunidade de achegarse á realidade do sector no que se formaban.

 

Durante o curso de “Auxiliar de comercio e reposición”, que se celebrou en Nigrán entre abril e xuño, as persoas participantes aprenderon a realizar actividades de venda e reposición e acondicionamento do espazo comercial, así como a proporcionar atención e información operativa e protocolarizada á clientela. A formación de “Auxiliar de Almacén”, pola súa banda, impartiuse durante os meses de outubro e novembro no concello de Tui e contou, entre outras cuestións, cun módulo específico de carretilla elevadora. Ademais, en ambos casos, o alumnado recibiu formación en manipulación de alimentos, así como en emprendemento e igualdade de oportunidades

 

O obxectivo do programa Emprego Inclusivo é mellorar a empregabilidade de persoas en risco ou posible risco de exclusión que teñen dificultades para acadar a incorporación ao mercado laboral. Para isto, procúrase enriquecer o perfil profesional das e dos participantes, así como incrementar as súas capacidades e competencias para a procura de emprego, sempre dende un enfoque de empoderamento da persoa e o desenvolvemento das súas competencias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí