Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Primeiro faladoiro de diálogos en educación do verán 2016 este xoves en Camposancos

Este xoves día 30, ás 20 horas, inaugúrase a segunda edición do ciclo de faladoiros sobre cuestións educativas que vai ter lugar en Camposancos

Este xoves día 30, ás 20 horas, inaugúrase a segunda edición do ciclo de faladoiros sobre cuestións educativas que vai ter lugar en Camposancos

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Junio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este xoves día 30, ás 20 horas, inaugúrase a segunda edición do ciclo de faladoiros sobre cuestións educativas que vai ter lugar en Camposancos, no recinto do colexio dos Xesuítas, promovido polo Concello da Guarda baixo a iniciativa e coordinación do profesor Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, da Universidade da Coruña.

Antonio Vara Coomonte, profesor titular da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago será o encargado de abrir esta quenda do verán 2016. Natural de Zamora, leva na Facultade compostelá desde o ano 1981, proveniente da Universidad Complutense de Madrid, onde comezou unha dilatada vida dedicada á formación de futuros mestres e mestras.

Durante todos estes anos, a súa actividade docente e investigadora centrouse nos ámbitos da socioloxía da educación e da antropoloxía da educación. Esa traxectoria académica e científica ten estado marcada polo seu compromiso teórico-metodolóxico co estruturalismo dinámico construtivista.

A dilatada experiencia universitaria en Madrid e Compostela de Antonio Vara complétase coa súa vinculación á L´École des Hautes Étudies en Sciences Sociais de París, onde en 1985 foi discípulo do prestixioso sociólogo Pierre Bourdieu.

Como compendio e resumo desa traxectoria resaltan as publicacións de entradas en tres dicionarios: O Diccionario de Ciencias de la Educación (Ed. Anaya, 1984, 4 entradas); a Enciclopedia de Pedagogía, Vol. V. (Ed. Espasa- Calpe, 2002, 11 entradas) e no Diccionario de Sociología (Ed. ESIC, 2004, 10 entradas).

A súa proposta para o debate na primeira tarde de Diálogos xira en torno á "Educación, cuestións preliminares".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones