Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Programación familiar para esta fin de semana na Guarda

Un espectáculo de clown e acrobacias e o recordo a Florencio Gurriarán marcarán a axenda da Ponte das Letras Galegas na Guarda

Un espectáculo de clown e acrobacias e o recordo a Florencio Gurriarán marcarán a axenda da Ponte das Letras Galegas na Guarda

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Mayo de 2022

Fuente: Concello da Guarda

Na tarde deste sábado 14 de maio (18:00h, Auditorio de San Benito),  a diversión está asegurada para toda a familia co espectáculo de clown familiar C’est pas possible co que a artista Marta Iglesias (Marta Sempre Arriba) convídanos a comprobar que si é posible saír da rutina. Todos nós temos sentido algunha vez como a preocupación por ser eficaces, cumprir prazos e expectativas lévanos a esquecernos de gozar co que facemos.

 

Acostumada a traballar na sombra, a técnica e rigger é a encargada de monta-lo pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Gran Artista brille na escena. Responsable, disciplinada, eficaz e profesional, cada día pon o mellor de si mesma. Pero hoxe a súa rutina vaise ver alterada pola ollada do público, espertando o seu lado torpe e fantasioso, levándoa a facer aquelo que cría imposible.

 

En linguaxe clown e con acrobacia aérea, levará ao público a empaparse das emocións que esta personaxe vive na escena.

 

A diversión para toda a familia continuará o martes 17 de maio ás  12:00h. na Praza de Avelino Vicente co Contacontos Florencio nas Ondas, no que a narradora Raquel Queizás achegaranos a figura do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Mediante a recreación dun antigo programa de radio descubriremos a vida de película deste personaxe, medio espía, medio fuxitivo, que contribuíu a dignificación de Galicia e a normalización da nosa fala nunha época escura. 

 

Xa para rematar o día festivo volverá ao Auditorio de San Benito o tradicional Festival polas Letras Galegas, que congrega aos principais grupos de baile e música tradicional da nosa localidade para render tributo a Florencio Gurriarán. Contará coa presenza de Grupo de Baile Xamaraina, Grupo de Pandereteiras Vento Mareiro, Doxe nun ano, A Boalleira,  Studio 88, Trebón dos Xidos, Na beira do Miño (CEIP A Sangriña), Anduriñas (CEIP As Solanas), Churumbela  e a Agrupación Cultural Guardesa. A cita será ás 19:00h.

 

 

FICHA-RESUMO DAS ACTIVIDADE

ACTIVIDADE: C’est pas posible

LUGAR:  AUDITORIO SAN BENITO

DATA: 14 de Maio de 2022

HORA: 18:00h.

Duración: 45 minutos
ACCESO: DE BALDE, sen inscrición previa. Para tódolos públicos

 

ACTIVIDADE: Florencio nas Ondas

LUGAR:  Praza de Avelino Vicente

DATA: 17 de Maio de 2022

HORA: 12:00h.

Duración: 45 minutos
ACCESO: DE BALDE, sen inscrición previa. A partir de 5 anos

 

 

ACTIVIDADE: Festival polas Letras Galegas

LUGAR:  Auditorio de San Benito

DATA: 17 de Maio de 2022

HORA: 19:00h.


ACCESO: DE BALDE, sen inscrición previa. Tódolos públicos

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones