Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Programación sábado 15 de Abril - Festas de San Telmo 2017

Actividades programadas para o sábado 15 de abril nas Festas de San Telmo 2017

Actividades programadas para o sábado 15 de abril nas Festas de San Telmo 2017

Fecha: 15 de Abril de 2017

Fuente: Infomiño.com

Actividades programadas para o sábado 15 de abril nas Festas de San Telmo 2017.
 
O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, 15 de abril, ás 19.30h o acto oficial de comezo das festas de San Telmo coa lectura do pregón a cargo de Dolores Balseiro Pose, profesora de Literatura durante tres décadas no IES San Paio de Tui, membro da Asociación Amigos da Catedral e parte activa da vida social e cultural tudense.

No mesmo acto farase entrega da medalla de honra da cidade na súa calidade de ouro ao exconselleiro Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, recoñecendo o seu papel fundamental na creación do Xacobeo e na revitalización do Camiño Portugués, así coma as achegas que os distintos departamentos que dirixiu na Xunta de Galicia realizaron en Tui con investimentos destacados coma a restauración do órgano da Catedral ou da Área Panorámica.

A intervención do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura, María José González, serán outros dos momentos deste solemne acto, no de que forma simbólica se entregará a bandeira de Tui a un representante das asociacións culturais e outro dos clubs deportivos do municipio. A parte musical do evento correrá a cargo do grupo Contradicción.

Unha vez rematado este evento, ás 20.30h, na Sala de Exposicións Municipal será inaugurada a mostra "Fotografía antiga de Tui San Telmo 2017" que este ano constitúe unha homenaxe e recoñecemento aos empresarios e industriais tudenses a través das imaxes de distintos comercios, empresas, establecementos que houbo en Tui. Precisamente estas fotografías son recollidas no libro das festas de San Telmo deste 2017 xunto a artigos de estudosos e xornalistas sobre o Camiño Portugués a Santiago, que poñen de relevo e reivindican a súa importancia. O libro poderá recollerse na propia exposición o sábado, ou a partir do luns 17 na casa do concello a cambio dun quilo de alimentos que será doado posteriormente a SOS Tomiño Baixo Miño.

O programa de festas do sábado, 15 de abril, continuará ás 21h co desfile de xigantes e cabezudos acompañados polo grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro dende a praza da Inmaculada ata a Área Panorámica, onde se procederá ao acendido do alumeado das festas. Pechará a programación o concerto que o grupo Mago de Oz ofrecerá a partir das 22h na rúa Compostela con entrada de balde.

Amais no eido deportivo dende primeira hora disputarase nos pavillóns do IES San Paio e Novo de Tui o II Torneo Cidade de Tui de Fútbol Sala.
 
 
Sábado 15
• II Torneo Cidade de Tui de Fútbol Sala no pavillón San Paio e Pavillón novo de Tui.
*días de torneo: xoves, 13 de abril, venres, 14 de abril e sábado, 15 de abril.
• 19.30 h no Teatro Municipal lectura do Pregón das Festas a cargo de Dª. Dolores Balseiro Posse. Entrega da Medalla de Honra, categoría de Ouro a D. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe. Entrega da bandeira de Tui ás asociacións culturais e clubs deportivos. Actuación de Contradición.
*Entrada libre ata completar aforamento.
• 20.30 h na Sala de Exposicións Municipal inauguración da mostra "Fotografía antiga de Tui San Telmo 2017".
• 21.00 h dende a Área Panorámica ata a Praza da Inmaculada, desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro
• 21.30 h acendido do alumeado das Festas de San Telmo.
• 22.00-00.00 h na rúa Compostela concerto de Mägo de Oz.
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones