Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Programación venres 21 de Abril - Festas de San Telmo 2017

Actividades programadas para o venres 21 de Abril nas Festas de San Telmo 2017

Actividades programadas para o venres 21 de Abril nas Festas de San Telmo 2017

Fecha: 21 de Abril de 2017

Fuente: Infomiño.com

Actividades programadas para o venres 21 de Abril nas Festas de San Telmo 2017.

Chegan os días grandes das festas de San Telmo. Mañá venres, 21 de abril, as actividades infantís terán lugar de 11.30h a 13.30h no Paseo da Corredoira con inchables e xogos baixo o título de "Troula". Dende o pasado luns preto de 500 nenos teñen participado nestas actividades. Tamén gran éxito, con cheo total cada tarde, teñen rexistrado as proxección de cinema infantil que rematan ás 16h na Sala Félix Rodríguez con "El Libro de la Selva".


Ás 17h comezará no novo pavillón municipal de Tui un curso de iniciación á Marcha Nórdica, a cargo do licenciado en Educación Física, Ignacio García, vogal de Nordic Walking da Federación Galega de Montañismo. Inclúe unha parte teórica e outra práctica cun percorrido polo paseo fluvial ata a vella ponte internacional. O curso ten un custe de 20€, e é preciso inscribirse en ngentrena@gmail.com ou no teléfono 658.275.413.
A partir das 19h e ata ás 22h no Paseo da Corredoira celebrarase o Festival de Karaoke coa SpaceMusic, onde aqueles que o desexen poderán interpretar as súas cancións favoritas.


Ás 21.15h prosegue no Teatro Municipal de Tui a IX Semana de Teatro Afeccionado da man do grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui que representará "A Lotaría". As entradas, ao prezo de 1,5€, poranse á venda ás 20.45 h.


A orquestra América amenizará a verbena na rúa Compostela de 22 a 23.30h e a partir das 00.30h. Mentres no Paseo da Corredoira, dentro da aposta realizada este ano por combinar nas noites das festas unha orquestra e un grupo, actuará o grupo Batemento a partir das 23.30h. O grupo formado Aitor Domínguez e Cristian Vázquez inicia en Tui a súa xira de 2017, na que achegarán a súa música, na que fusionan diversos estilos actuais con instrumentos tradicionais.


Cortes de tráfico
Debido á celebración das festas de San Telmo o Paseo da Corredoira permanecerá pechado ao tráfico - prohibíndose o estacionamento e a circulación - dende mañá venres, 21 de abril, ás 8h ata o martes, 25 de abril ás 2h. Por outra parte dende mañá venres, ás 8h, e eta o martes ás 6h, estarán pechadas ao tráfico e non se poderá aparcar rúa Compostela, no tramo comprendido entre as rúas Ourense e Betanzos, e na rúa Mondoñedo, no tramo entre as rúas Lugo e Irmáns Maristas. Amais estará prohibido o estacionamento no lateral dereito da rúa Ourense en dirección á rúa Maristas.
 

Venres 21
• 11.30-13.30 h no edificio da Área Panorámica (porta 4) actividades infantís "Troula!!" con En un Tris Tras. *Entrada libre ata completar aforamento.
• 16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil "El libro de la Selva" - 115'. *Entrada libre ata completar aforamento.
• 17.00-20.00 h no pavillón novo, curso de Marcha Nórdica.
• 19.00-22.00 h no Paseo da Corredoira Festival de Karaoke coa SpaceMusic.
• 21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui presenta "A lotaría" - 80'. Entrada 1,5 €.
• 22.00-23.30 h na rúa Compostela verbena coa orquestra América.
• 23.30-00.30 h no Paseo da Corredoira concerto de Batemento.
• 00.30-02.00 h na rúa Compostela verbena coa orquestra América.
 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones