Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PROPOSTAS PARA A SUSTENTABILIDADE FINANCEIRA E MELLOR FUNCIONAMENTO DO CONSERVATORIO MUNICIPAL DE TUI

Ten habido problemas na calidade de ensino como consecuencia da non existencia dunha bolsa de traballo que permita reemprazar as vacantes de profesorado con axilidade

Ten habido problemas na calidade de ensino como consecuencia da non existencia dunha bolsa de traballo que permita reemprazar as vacantes de profesorado con axilidade

Fecha: 26 de Marzo de 2015

Fuente: Converxencia 21

Dado que:
-O conservatorio e a escola de música prestan un servizo moi valorado e que xera unha importante actividade e que portanto compre manter e desde o concello temos que buscar un duplo obxectivo, conseguir que se manteña o servizo e conseguir que este servizo sexa sustentable financeiramente.
-Ten habido problemas na calidade de ensino como consecuencia da non existencia dunha bolsa de traballo que permita reemprazar as vacantes de profesorado con axilidade.
-O conservatorio e a escola de música xeran un importante défice anual que no ano 2014 ascendeu a 224,060,13 €. Se dividimos este défice entre o número de matriculados os contribuintes de Tui teñen que sufragar de media por cada aluno 727 euros anuais.
-Entre o conservatorio e a Escola de Música hai matriculados 186 alunos de Tui e 122 doutras localidades galegas e portuguesas e que isto xera un importante custo aos contribuintes tudenses. Se multiplicarmos o número de alunos non tudenses (122) polo custo unitario de cada aluno non cuberto polas matrículas (727 €) 122x727= 88.694 € que seria a cantidade que os contribuintes tudenses sufragamos via impostos correspondente aos alunos que non son do noso concello.
-A administración local non ten responsabilidades educativas segundo a lexislación vixente, por certo, en contra do parecer de C21 que defende en solitario uns concellos fusionados, fortes e autosuficientes que poidan ampliar as suas competencias, tamén na area educativa, a custa das deputacións (que deberían desaparecer), autonomías e estado.
Converxencia 21 de Tui propón:
-Mancomunar con concellos limítrofes galegos e portugueses o conservatorio de tal maneira que o custo se poida distribuir con maior xustiza.
-Buscar patrocinadores privados. Compre apostar polo mecenádego cultural na liña do que se fai nos países máis avanzados.
-Facer unha auditoría con respecto á xestión do centro de ensinanzas musicais para asegurarnos de que o diñeiro dos contribuintes e das matrículas está sendo correctamente xestionado.
Asinado: Carlos Vázquez Padín
Voceiro municipal de Converxencia 21
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones