Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Prosegue a programación do Día Internacional da Muller coa proxección de -Nación- de Margarita Ledo e a presentación do libro -Pornografía. El placer del poder- de Rosa Cobo

O xoves prosegue o ciclo Xuntas Aprendemos e o sábado terá lugar o acto de recoñecemento ás mulleres de Tui

O xoves prosegue o ciclo Xuntas Aprendemos e o sábado terá lugar o acto de recoñecemento ás mulleres de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Marzo de 2022

Fuente: Concello de Tui

Con catro novas actividades prosegue a programación “Dereito a estar, dereito a achegar” organizada polo Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller.

“Nación” de Margarita Ledo será o filme que se proxecte mañá mércores, ás 19.30 h, no Teatro Municipal de Tui, no ciclo de cinema e encontros coa autora. É un documental que recolle a loita das traballadoras da fábrica de cerámica A Pontesa. Un relato emocionante, poético e combativo sobre os dereitos das mulleres, o que costou ser Nación. A directora estará mañá no Teatro tudense para participar no coloquio previsto ao remate da proxección.

Este xoves, 24 de marzo, ás 18 h na Aula da UNED prosegue o ciclo “Xuntas Aprendemos”.  Nesta cuarta charla participará Silvia Rodríguez Fernández, avogada e especialista en Igualdade do programa “Muller Tui” do Concello de Tui. O tema será “A intervención xurídica con mulleres; unha perspectiva feminista”. Abordará así os recursos públicos de atención e asesoramento a mulleres, a violencia de xénero e  dereito de Familia, así coma o exercicio efectivo dos dereitos e o acceso á información.

O venres, 25 de marzo, ás 20 h na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, Rosa Cobo Bedia presentará o seu libro "Pornografía. El placer del poder" editado por Ediciones B. No mesmo Rosa Cobo, profesora titular de Socioloxia na Universidade da Coruña e directora da revista internacional de estudos feministas Atlánticas, recolle os orixes da pornografía, ao tempo que busca espertar conciencias e alertar sobre os efectos do consumo de pornografía, incidindo tamén na relación directa que hai entre pornografía e prostitución.

O sábado, 26 de marzo, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui terá lugar o acto de Recoñecemento ás mulleres de Tui "Mulleres de onte, hoxe e mañá". No mesmo recoñecerase a cinco mulleres tudenses e realizarase unha homenaxe á muller na música da man das alumnas da Escola de Música e do Conservatorio de Tui. A entrada é de balde até completar o aforo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones