Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

PSdeG-PSOE de Tui: Lamentamos que o PP estea sumido nun egocentrismo electoralista

O equipo de goberno municipal quere poñer en valor o traballo dos técnicos municipais e dos profesionais que contribuiron a desenvolver o Plan de dinamización da área REXURBE.

O equipo de goberno municipal quere poñer en valor o traballo dos técnicos municipais e dos profesionais que contribuiron a desenvolver o Plan de dinamización da área REXURBE.

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Febrero de 2024

Fuente: Socialistas de Tui

O grupo municipal do PSdeG-PSOE lamenta profundamente o rédito electoral que pretende sacar o Partido Popular de Rueda con un proxecto impulsado polo goberno municipal e froito do traballo realizado polos tecnicos municipais e profesionais contratados polo Concello de Tui.

Todos somos conscientes que en datas electorais os partidos políticos tratan de conseguir o maior número de votos. O que non se pode permitir é que froito do nerviosismo no que está sumido o Partido Popular de Rueda, Tui fora obxecto dunha campaña política que invisibiliza o traballo do equipo de profesionais municipais e externos que foron quen de redactar un documento capaz de acadar o visto bo da Xunta, non sin poucos atrancos, e logo de máis de 1 ano de espera.

 

O noso alcalde, Enrique Cabaleiro, sen ánimo de facer electoralismo con este proxecto, agradeceu nos medios o traballo de todos os implicados nesta medida clave para Tui e que vai a supoñer a transformación do conxusto histórico. Lonxe de corresponder a esta xentileza, o PP de Rueda, representado na súa filial tudense, decidiu vir sacarse fotos na zona vella para facer electoralismo. É de moi pouca altura política ter unha posición marcada polas ideoloxías e o partidismo sen facer o mellor polos cidadáns.

Como recordatorio para a Xunta do PP: Pazos de Reis segue sen solucións para o seu colexio, cando o PP leva prometéndoas desde o ano 2016, e unhas instalacións dignas para os alumnos non poden depender de antollos políticos. Tui segue sen ter unha residencia pública para os nosos maiores, e os coidados non poden ser tampouco un antollo político. Tampouco chegou a prometida segunda gardería, tan importante tanto para os nosos pequenos como para a conciliación familiar dos tudenses. O Poligono industrial de Areas leva anos solicitando unha mellora nas súas infraestruturas cada día máis deficientes. Pedímoslle ao PP que non se confunda, que se deixe de partidismos, de propaganda electoral,  que asuma as súas competencias e que comece a cumprir as promesas que fai.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí