Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Randufe organiza diferentes actividades entre outubro e novembro

Actividades programadas na Casa Cultural de Randufe en Tui

Actividades programadas na Casa Cultural de Randufe en Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Octubre de 2023

Fuente: Xuntanza Randufe

Eventos que imos ter na nosa Casa Cultural entre outubro e novembro. Arrancamos o 22 de outubro coa X Mostra Teatral homenaxe a Miguel Troncoso; o xoves 26 de outubro imos ter unha importante charla sobre micro-toponimia impartida polo membro da Real Academia Galega, Vicente Feijoo, salientar que Xuntanza é a impulsora desta iniciativa para todo o concello de Tui; o sábado 04 de novembro, despois do teatro, celebraremo-lo noso Magosto e remataremos o 05 de novembro coa clausura da Mostra Teatral.

X MOSTRA TEATRAL MIGUEL TRONCOSO 2023
Domingo 22 de outubro de 2023 ás 19:00 horas:
Inauguración da X Mostra Teatral Miguel Troncoso 2023 a cargo do noso grupo de teatro “Chirlomirlo” coa obra
“Don Quixote”. Particular visión do clásico da literatura universal. Texto, escenografía, dirección, son e música a
cargo dos nosos teatreiros.
Domingo 29 de outubro de 2023 ás 19:00 horas:
Continuamos coa mostra e nesta ocasión contamos co Grupo de Teatro CalDelas de Caldelas de Tui coa obra “E ti, a
que escola fuches?”. Trátase dunha adaptación da obra “O Florido Pensil”, outro clásico con case 30 anos de
percorrido.
Sábado 04 de novembro de 2023 ás 19:00 horas:
Volvemos a contar cuns vellos amigos. Oito anos despois, o grupo Andaravía Teatro de Vedra volve á nosa Casa
Cultural coa obra de elaboración propia “Xacovedra”, modesta (ou mordaz?) contribución ós fastos e celebracións
do Xacobeo.
Sábado 04 de novembro de 2023 ás 20:30 horas, anticipámonos unha semana ó San Martiño:
APROVIETANDO QUE ESTAMOS TOD@S REUNIDOS...
Ó REMATE DA OBRA DE TEATRO: MAGOSTO CON CASTAÑAS E VIÑO DE BALDE!!!!
Domingo 05 de novembro de 2023 ás 19:00 horas:
Remate da X Mostra Teatral Miguel Troncoso co grupo de teatro “Ata Sempre” de Alxén, Salvaterra de Miño.
Vannos presentar o seu último traballo: “Atranco no banco”, a súa versión da obra homónima escrita por Manuel
Núñez Singala.
CHARLA SOBRE TOPONIMIA. XOVES 26 DE OUTUBRO 2023 ÁS 20:00 HORAS
O pasado 02 de xuño fixemos unha petición formal á Real Academia Galega para incluír ó
concello de Tui como beneficiario da charla “Toponimízate” dentro do proxecto “Galicia
Nomeada” para o ano 2023. O dito proxecto trata de recupera-la micro-toponimia que se está a
perder en todo o territorio de Galicia.
Dende Xuntanza consideramos que a perda de nomes tradicionais das distintas zonas é un
problema que se está a manifestar en Randufe con máis intensidade debido a distintos factores:
estase convertendo en zona residencial e gañando poboación foránea; está perdendo espazos
naturais; increméntanse as urbanizacións, os supermercados e os polígonos industriais; está
atravesada pola autovía A55 e hai novas infraestruturas de comunicación en marcha.
É por iso polo que , como impulsores desta iniciativa para todo o concello de Tui, teremos unha charla sobre toponimia que vai ofrecer o académico
Vicente Feijoo o vindeiro 26 de outubro ás 20:00 horas no salón da nosa Casa Cultural de Randufe.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí