Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

RECEPCIÓN NO CONCELLO DA GUARDA Ó CAMPIÓN GALEGO DE CONTRARRELOXO INDIVIDUAL ASER ESTÉVEZ

O ciclista guardés Aser Estévez acudiu este luns a unha recepción no edificio do Concello da Guarda

O ciclista guardés Aser Estévez acudiu este luns a unha recepción no edificio do Concello da Guarda

Fecha: 31 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O ciclista guardés Aser Estévez, que conseguiu o pasado 17 de maio o seu noveno título no Campionato Galego de Contrarreloxo Individual na categoría Élite, acudiu este luns a unha recepción no edificio do Concello da Guarda.

Alí foi recibido polo Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e polo Concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González, cos que mantivo unha distendida reunión na que lle transmitiron as súas felicitacións e recoñecemento polos recentes éxitos acadados.

Ademais, tras falar dos próximos retos, dificultades e oportunidades que se presentan no futuro do deportista guardés, fixéronlle entrega dunha figura conmemorativa do Camiño Portugués da Costa e dun libro sobre a Historia da localidade.

Pero o líder do Club Ciclista Rías Baixas non para e tras esta visita, tal e como comentou na recepción ó alcalde e ó concelleiro, ten dúas datas sinaladas no seu calendario nas próximas semanas: o Campionato Galego de Fondo en Estrada e o Campionato de España.

Dende o Concello deséxanlle a mellor das sortes nestas datas e nas que virán e que siga a acadar os maiores éxitos posibles e a levar o nome da Guarda por toda a Península.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones