Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Reforestacións en Randufe e Areas co gallo Día da Árbore

Búscase concienciar aos máis pequenos e ao tempo rexenerar espazos degradados

Búscase concienciar aos máis pequenos e ao tempo rexenerar espazos degradados

Fecha: 20 de Marzo de 2019

Fuente: Concello de Tui

Con motivo da celebración do Día da Árbore este xoves, 21 de marzo, a concellería de Medio Ambiente promove a reforestación de diferentes espazos municipais.

A primeira actuación levarase a cabo en colaboración co CEIP de Randufe e a Comunidade de Montes de Randufe este xoves 21 e a segunda actuación será o venres 22 en colaboración co CRA de Areas.

O concelleiro de Medio Ambiente, Eduardo Freiría, explica que son dous os obxectivos principais desta actuación. O primeiro a concienciación dos máis pequenos do valor que teñen as árbores e os bosques para a sociedade e o os diferentes ecosistemas que conforman.

Por outra banda, desde o Concello procúrase a rexeneración paisaxística de espazos de propiedade municipal que actualmente presentan unha situación de degradación medioambiental. Así, unha das actuacións levarase a cabo na ladeira do campo da festa de Randufe actualmente despoboada e a outra actuación nas zonas verdes do Parque empresarial de Areas. O fin da mesma sería xerar unha pantalla que mitigue o efecto adverso a nivel paisaxístico que supón unha zona industrial e restablecer o equilibrio ambiental e paisaxístico contribuíndo así a unha mellora da calidade do entorno que repercutirá de xeito positivo nas condicións sociais, económicas e de imaxe do lugar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones