Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Rematadas as obras da pista deportiva, parque infantil e biosaudable en Areas

Supuxeron un investimento de case 53.500 euros financiado co Plan Concellos 2018 da Deputación

Supuxeron un investimento de case 53.500 euros financiado co Plan Concellos 2018 da Deputación

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Febrero de 2021

Fuente: Concello de Tui

Está xa rematadas as obras de acondicionamento da pista deportiva, a recuperación e ampliación do parque infantil e a creación dun parque biosaudable na parroquia de Areas. Supuxeron un investimento de 53.495,08 euros financiados ao abeiro do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

Con estas obras o Concello de Tui prosegue co seu obxectivo de recuperar zonas de esparexemento e lecer baixo a “perspectiva de crear espazos inclusivos para o goce de todos os membros da familia, sen facer distincións nin de idade nin de capacidades”.  A concelleira de Parque e Xardíns, sinala que “o equipo de goberno ten apostado por este proxecto, tan demandado durante anos pola veciñanza da parroquias de Areas, sen perder a perspectiva do uso do lugar coma recinto das festas parroquiais”.

En concreto os traballos realizados consistiron no pintado das pistas deportivas de fútbol e baloncesto, coa colocación de novas canastas, e a recuperación das porterías existentes. Dotouse ás pistas de nova iluminación coa colocación de dúas columnas de aceiro corten con 4 proxectores led, co que se aposta polo aforro enerxético, cumprindo co compromiso adquirido na sinatura do Pactos dos Alcaldes polo clima.

Por outra parte na carballeira recuperáronse os elementos existentes do parque infantil, nunha aposta pola economía circular. Amais engadíronse novos elementos inclusivos, un teléfono, un columpio inclusivo, un xilófono e dous paneis adaptados a nenos con deficiencia visual e auditiva, así coma unha rede de escalada.

A colocación destes elementos levou a cabo tendo en conta os que os parques non só lugares de lecer, senón tamén puntos de encontro e aprendizaxe.  Tendo en conta amais que o xogo é o medio máis efectivo para que os cativos e cativas desenvolvan as súas capacidades cognitivas, estes elementos permiten fortalecer a súa creatividade e imaxinación.

Na zona tamén se xerou un novo espazo para o exercicio físico dos maiores, coa colaboración de elementos biosaudables.

Colocouse novo mobiliario coma bancos, papeleiras de orgánico e recollida selectiva, unha fonte de auga e un bibicleteiro.

No axardinamento realizouse unha pequena poda da carballeira, e plantáronse 8 liquidámbar que formarán unha cortina vexetal entre o parque e a estrada.

A concelleira de Parques e Xardíns, Yolanda Rodríguez, sinala que dende o Concello “continuamos co labor de crear novos espazos ao aire libre nun entorno natural acondicionado para todos e cada un dos membros da familia, sen ningún tipo de distinción, lugares agradables de encontro para o esparexementos e a práctica de deportes ao aire libre”.  Engade que “hoxe máis ca nunca consideramos que son imprescindibles non só no centro urbano, senón tamén en todas e cada unha das parroquias” polo que afirma “continuaremos traballando nese senso”.

Precisamente nesta liña o concello de Tui, ao abeiro do Plan Concellos 2019, ten arestora en licitación o acondicionamento do parque infantil situado nas proximidades do CEIP de Guillarei e do situado nas instalacións do CRA nas Bornetas, que serán executados en breve.

Por último dende o Concello de Tui fan un chamamento á veciñanza a facer un uso responsable destas instalacións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones