Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Remate de tempada 2016 con bos resultados individuais para os Teixugos

Este domingo celebrouse na localidade coruñesa de Dumbría o Campionato Galego de Slálom, a última, e máis importante competición da Liga Galega de Slálom 2016.

Este domingo celebrouse na localidade coruñesa de Dumbría o Campionato Galego de Slálom, a última, e máis importante competición da Liga Galega de Slálom 2016.

Fecha: 10 de Octubre de 2016

Fuente: Rosa Fernández

Este domingo celebrouse na localidade coruñesa de Dumbría o Campionato Galego de Slálom, a última, e máis importante competición da Liga Galega de Slálom 2016. O Club Deportivo Miño acudiu cun equipo moi minguado polas ausencias, só seis teixugos puideron acudir ao evento, ao celebrarse en datas nas que catro dos seus mellores deportistas se atopaban fóra da comunidade galega, uns por estudos e outros preparando a pre-temporada 2017 coa Federación Española.

En K1 Sénior Home, Emilio Rodríguez fíxose co bronce; en K1 Sénior Muller, Marina Ruedas foi prata e Laura Soutelo bronce; Brais Castro acadou a prata en C1 Sénior Home e o ouro en K1 Júnior Home; Ariadna Pereira, tamén prata en K1 Infantil Feminino.

Seis medallas para os Teixugos que non puntuaron suficiente para darlle ao equipo o Campionato Galego, que gañou o Tea de Mondariz con 220 puntos, seguido do Piragüismo Penedo con 200 e en terceiro lugar o C.D.Municipal de Dumbría con 132. O Club Deportivo Miño-Teixugos  rematou cuarto con 121 puntos.

FOTOS: https://goo.gl/photos/uxZwZfNbB2CqUnXbA

A pasada fin de semana tamén os máis pequenos remataron a Liga Galega de Promoción de Slálom coa 6ª Copa Galega celebrada en Mondariz. Catorce foron os nenos do club que acudiron á cita, e os resultados foron impresionantes.

Ainhoa Barreiro gañou en K1 e C1 Muller Alevín, nas mesmas categorías Alba Soutelo foi segunda; en K1 e C1 Muller Infantil, Ariadna Pereira foi segunda; Samuel Castro foi o gañador en C1 Home Infantil e Sergio Martínez quedou segundo nesta categoría e foi o gañador en K1 Home Infantil.

Na clasificación final por equipos os Teixugos remataron terceiros con 219 puntos, por detrás do Club Tea de Mondariz con 298 puntos e do Club Penedo con 297.

FOTOS: https://goo.gl/photos/ZXZJt3TdSgA2o1kdA

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones