Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Remate temporal de -Música e palabras- en Camposancos

O pasado venres 2 de xuño celebrouse a última edición desta temporada de -Música e palabras-, unha actividade cultural que promove a Comunidade de Montes de Camposancos por iniciativa de Lucía Diz.

O pasado venres 2 de xuño celebrouse a última edición desta temporada de -Música e palabras-, unha actividade cultural que promove a Comunidade de Montes de Camposancos por iniciativa de Lucía Diz.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Junio de 2023

Fuente: CM Camposancos

O primeiro venres de cada mes, entre setembro e xuño desde hai xa varios anos, un grupo heteroxéneo de amigos, entre cativos e maiores, reúnese na Casa de Montes para recitar poemas ou narrar contos e relatos de modo espontáneo. O que comparten os participantes é, en moitas ocasións, de -colleita propia-, e noutras, retallos de obras doutros autores, ben sexa en galego ou castelán. As intervencións están sempre acompañadas polo fondo musical á guitarra que lle pon Bieito Solo.

No peche desta temporada puidemos desfrutar dunha sorpresa, que foi a proxección do videoclip titulado Contra la pared, da compositora e cantante Carolina Rubirosa, que resultou gañadora do Premio do público no recente festival de Cans. Contra la pared está protagonizado por Sabela Rodríguez, unha das nenas participantes de -Música e palabras- máis fieis e entusiastas. Tamén houbo lugar para unha homenaxe musical por parte de Bieito á cantante norteamericana recentemente falecida Tina Turner. Ao final, non faltou o viño, os refrescos e os petiscos, para o agrado de cativos e maiores.

-Musica e palabras- descansa durante o verán para retomar con novos folgos a súa andaina o vindeiro mes de setembro, mentres deixamos paso a outras actividades, agardando por todos e todas vós.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí