Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Retómase o Operativo de busca en Punta Bazar coa axuda da Unidade Operativa de Drons da AXEGA

Este Luns retomouse a busca do vigués desaparecido na costa de A Guarda o pasado 28 de agosto

Na mañá do luns día 5 de setembro de 2016, retomábase a busca do vigués de 62 anos desaparecido en Punta Bazar, na costa norte de A Guarda o pasado domingo 28 de agosto.

Fecha: 05 de Septiembre de 2016

Fuente: Infomiño.com

Na mañá do luns día 5 de setembro de 2016, retomábase a busca do vigués de 62 anos desaparecido en Punta Bazar, na costa norte de A Guarda o pasado domingo 28 de agosto.

Nesta xornada, a Unidade Operativa de Drons da AXEGA(Axencia Galega de Emerxencias), despregou varias das súas unidades para facer un peiteado na zona de Punta Bazar, onde se pensa que poido cair á auga o desaparecido.

Participan tamén neste operativo efectivos da Guardia Civil, GES de A Guarda, un Guarda Rural e Protección Civil.

Agárdase que tamén se unan a este operativo o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas(GEAS) da Guardia Civil con buzos que farán inmersións na zona de covas submarinas existentes en Punta Bazar.

Os avións non tripulados da AXEGA sobrevoaron durante algo mais de dúas horas a zona onde a vítima caeu ao mar, o pasado día 28 de agosto. Máis en detalle, os drons da Unidade Operativa realizaron un total de nove voos duns 15 minutos de duración cada un. Todos eles tiveron un resultado negativo.

O home leva desaparecido dende o pasado domingo, cando caeu ao mar dende unha zona rochosa de Punta Bazar, onde estaba a coller percebes cun amigo. O 112 Galicia recibiu a alerta da desaparición o mesmo día dos feitos, contra ás 21:00 horas. Na mañá do pasado luns, horas despois de que se puxera en marcha o dispositivo de busca, localizouse unha das zapatillas que levaba posta a vítima no momento da súa desaparición. Dende aquela, non se atoparon novos indicios do seu paradoiro.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones