Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ROI RODRÍGUEZ E SARA GONZÁLEZ RECIBIRON O PREMIO DEPORTE TUDENSE DEPORTISTA 2015 NAS CATEGORÍAS FEMININA MASCULINA

O momento máis emotivo da noite foi coa Mención Honorífica a Eduardo Sousa cun longo aplauso e o teatro en pé.

O momento máis emotivo da noite foi coa Mención Honorífica a Eduardo Sousa cun longo aplauso e o teatro en pé.

Fecha: 30 de Noviembre de 2015

Fuente: Concello de Tui

A futbolista Sara González e o padeeiro Roi Rodríguez foron os galardoados na categoría feminina e masculina co Premio Deporte Tudense Deportista 2015 na IV Gala do Deporte Tudense celebrada onte á noite no Teatro Municipal. Sara González "Sara Tui", que non puido estar presente por compromisos deportivos, fichou esta temporada polo Granadilla Sur de Tenerife de Primeira División, e estivo no once ideal da Liga de Fútbol Feminina. Roi Rodríguez, membro do Club Kaiak Tudense, foi campión do Mundo sub-23 de k1 e k4 1000 metros.

O momento máis emotivo da noite foi coa concesión dunha mención honorífica a Eduardo Sousa, deportista tudense falecido este ano e que formou parte do xurado da Gala durante as tres primeira edicións. Tras a proxección dun vídeo sobre a súa figura houbo un longo aplauso co público en pé a xeito de homenaxe. Os seus fillos Eduardo e Lola recolleron de mans do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, esta distinción.

Jaime Alfaya recibiu o premio Deporte Tudense Adestrador por ter ascendido ao Club Balonmán Tui á División Autonómica. Mentres o Tyde F.C. foi galardoado co Premio Entidade Deportiva polo traballo realizado na organización do club que conta na actualidade con once equipos federados. O seu presidente Elías Vieiro foi o responsable de recoller o premio acompañado polos capitáns dos once equipos.

O Premio Deporte Tudense Promesa na categoría feminina foi Silvia Leiras, campioa de España de esquí náutico e campioa de España de Balonmán infantil coa Selección Galega. Mentres na categoría masculina recaeu no padeeiro do Kaiak Tudense Alfonso Domínguez que logrou o terceiro posto no Campionato do Mundo de Piragüismo Junior C4. Este ano por primeira vez entregáronse os Premios Deporte Tudense Veterano a Marisa Giráldez por unha vida ligada ao deporte que continua a practicar, e a Avelino Martínez polos logros acadados no mundo do judo tanto a nivel nacional coma internacional.

O Club de Patinaxe Artístico Ribex recibiu o Premio Deporte Tudense Promoción do Deporte Base por contar con máis de 185 practicantes entre os socios do club e das escolas deportivas da Deputación, situando en poucos anos á patinaxe entre as preferencias deportivas dos tudenses. Recolleu o galardón a súa directora técnica Carolina Figueroa.
Entregouse unha Mención Especial a Joe Arlauckas pola súa difusión desinteresada da cidade de Tui e por apadriñar e dirixir un Campus de Baloncesto na cidade. Outra Mención Especial recaeu en Marcos Salvado - Proxecto Mali, que recolleu a solidariedade dos clubs tudenses e serviu para que un grupo de nenos malienses puideran practicar deporte en mellores condicións.

Amais Supermercados Froiz recibiu o Premio Deporte Tudense á Firma Comercial pola súa colaboración con multitude de probas deportivas.

A gala contou coas actuacións musicais de Odaiko Percusión e Único e Kronic.

REPORTAXE DE INFOMIÑO.COM: 

ESPECIAL - TUI HOMENAXEA OS SEUS DEPORTISTAS MÁIS DESTACADOS NA IV GALA DO DEPORTE TUDENSE

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones