Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Rueda pon en valor o traballo de Jose Ángel Fernández á fronte do PP de Tui

O presidente provincial está reuníndose coas xuntas locais e afiliados coa mirada posta nas eleccións autonómicas.

O presidente provincial está reuníndose coas xuntas locais e afiliados coa mirada posta nas eleccións autonómicas.

Fecha: 07 de Febrero de 2020

Fuente: PP de Tui

O presidente do Partido Popular da provincia de Pontevedra, Alfonso Rueda, puxo en valor o traballo de Jose Ángel Fernández á fronte do PP de Tui, durante a reunión que mantivo onte pola noite co grupo municipal e afiliados do partido, e á que tamén acudiron o secretario provincial, Cores Tourís, e a vicepresidenta do PP de Pontevedra, Nidia Arévalo.

Alfonso Rueda destacou o importante traballo que está facendo o voceiro do PP de Tui, "de renovación e fortalecemento do partido". Ademais, o líder provincial agradeceu a asistencia dos afiliados á reunión, "persoas novas que se achegan, pero tamén moitas caras coñecidas, militantes de sempre, porque neste partido todos sumamos".

O presidente provincial incidiu tamén na necesidade de continuar traballando coas mesmas ganas e a mesma ilusión ca a destes meses, e coa mirada xa postas nas eleccións autonómicas deste ano. "É fundamental o labor que estades facendo tanto no partido como no grupo municipal, escoitando a todo o mundo e ao pé da rúa".

A de Tui trátase de unha reunión ordinaria, enmarcada no calendario de xuntanzas que Rueda está realizando por toda a provincia para facer balance dos primeiros seis meses de mandato e, sobre todo, para escoitar ás xuntas locais, facer unha análise da situación do partido e falar da súa organización de cara ás eleccións autonómicas deste ano.

Rueda resaltou que para elo é fundamental recoller as inquedanzas e suxestións dos seus veciños. "Somos o partido que máis se parece ás persoas, e por iso temos que seguir a pé de rúa para escoitar todo o que nos teñen que dicir, todo o que poden aportar, e deste xeito reforzarnos e prepararnos para afrontar as próximas eleccións autonómicas".

Nesta liña, o presidente provincial recordou que os resultados das últimas eleccións xerais marcan unha aumento da porcentaxe de votos para o Partido Popular en todos os concellos da provincia, polo que afrontan este ano electoral reforzados. Así, recordou que "o PP aspira a gañar e gobernar, e para conseguilo temos unha maquinaria que non se detén, máxime cando é ano electoral". Unhas eleccións, sinalou, "fundamentais para seguir garantindo a estabilidade que ten Galicia fronte ao caos, inestabilidade e parálise que sufrimos en España. Nas autonómicas decidirase entre a estabilidade do PP e un multipartido con pelexas diarias entre os seus socios".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones