Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Santos Héctor esixe que Núñez Feijóo que explique no debate da autonomía os acordos para derribar o goberno municipal de Tui

Subliña que Alfonso Rueda -auténtico muñidor- das mocións de censura non pode permanecer un minuto máis como vicepresidente da Xunta

Subliña que Alfonso Rueda -auténtico muñidor- das mocións de censura non pode permanecer un minuto máis como vicepresidente da Xunta

Fecha: 05 de Octubre de 2017

Fuente: PSdeG-PSOE Pontevedra

O secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, Santos Héctor, mostrou hoxe o seu rexeitamento a moción de censura contra o goberno municipal lexítimo de Tui que o Partido Popular anunciou o pasado luns.

Santos Héctor subliña que o presidente da Xunta debe dar explicacións no debate de autonomía, que hoxe comezou no Parlamento de Galicia, sobre a súa política de derribar gobernos municipais lexítimos usando as institucións públicas como neste caso. O voceiro socialista acusa directamente ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de ser o "auténtico muñidor e a man que mece o berce" destas actuacións "usando as institucións como auténticas covachas para fraguar as mocións e impulsalas".

O voceiro socialista esixe explicacións a Feijóo e Rueda polo acordo rubricado polo delegado da Xunta en Pontevedra cos asinantes da moción comprometendo unha serie de inversións no concello de Tui "que estudiaremos as posibles consecuencias legais que poda ter que un delegado dun goberno autonómico firme un documento comprometendo diñeiro público a cambio dunha moción de censura".
"Este tipo de actuacións e comportamentos -lamenta Santos Héctor- son a causa da perda de confianza dos cidadáns nas institucións. O Partido Popular demostra así que usan as institucións públicas so no seu beneficio e válelles calquera medio para manterse no poder".

Recorda o voceiro dos socialistas que o actual goberno municipal de Tui estaba a desenvolver un "bo traballo" para construír unha cidade para os seus veciños e veciñas "con transparencia algo que, por certo, nunca tivo ese concello cando foi gobernado polo PP". Dous anos de traballo, subliña Santos Héctor, con moito apoio local "como o demostra a multitudinaria manifestación contra a moción de censura de días pasados". "Un traballo e un proxecto -mantén Héctor- que sempre contou co apoio da Deputación pero nunca co da Xunta, para modernizar o seu pobo con iniciativas sociais, económicas ou en materia de igualdade".

Todo o traballo político que está a desenvolver Alfonso Rueda na provincia, segundo o secretario provincial do PSdG-PSOE, "é pola preocupación que ten porque sabe que non vai recuperar a Deputación e todas as mocións de censura que está inspirando son para debilitar aos goberno de progreso da provincia. Que perda toda esperanza porque a Deputación non a vai a recuperar".

Con estas mocións "Rueda está a quitarse a careta e mostrando o seu verdadeiro rostro de político caciquil e para o que todo vale con tal de manter o poder", destaca Santos Héctor.

Por último, o secretario provincial dos socialistas mantén que Feijóo ten que aproveitar o debate de autonomía para "anunciar o cese do muñidor Alfonso Rueda e dar explicacións sobre o uso do diñeiro público para mudar os gobernos municipais mediante acordos do delegado da Xunta en Pontevedra cos impulsores de mocións de censura".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones