Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

SETE ATLETAS DO SAN XEROME PARTICIPARON NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO DA FEDDI

O Club San Xerome obtivo 9 medallas

O Club San Xerome obtivo 9 medallas

Fecha: 25 de Mayo de 2016

Fuente: San Xerome

Na fin de semana do 19 ao 22 de maio celebrouse en Cartagena o Campionato de España de Atletismo da FEDDI. Para esta competición o Club San Xerome Emiliani presentou unha expedición de sete atletas, acompañados polo adestrador do Club Roberto Martínez e Armando Verde coma voluntario.
Trala disputa o mércores día 18 do Campionato galego de Atletismo en Vilagarcía, onde o Club San Xerome obtivo 13 medallas, sete dos nosos atletas con maiores posibilidades competitivas desprazáronse ata a Cidade de Cartaxena percorrendo 1000km, para disputar o Campionato de España. A pesar das condicións da viaxe, do esforzo acumuladodo do día anterior, de estar a piques de rematar a tempada e do nivel competitivo do Campionato, o Club San Xerome obtivo 9 medallas. Este resultado énchenos de orgullo polos nosos deportistas, polos preparadores e voluntarios, toda a xente que nos apoia no camiño do deporte. Se estar xa é un éxito, cando se conseguen estes resultados (medallas e postos destacados en cada proba), non hai verba que poida expresar todo o agradecemento para o que os nosos atletas están a facer no deporte do Baixo Miño, e o seu posicionamento a nivel autonómico e nacional.
O Club Polideportivo San Xerome Emiliani conta con máis de 30 deportistas da comarca do Baixo Miño (A Guarda, Tomiño, O Rosal, Tomiño, Tui e Oia), que practican ademais de atletismo, baloncesto, remo, natación, boccia, fútbol e padel. Os obxectivos do Club deportivo son: promoción da saúde, sensación de benestar, potenciación das relacións interpersonais, fomento da amizade, promoción e mellora das capacidades, autonomía persoal, autorrealización persoal, cohesión grupal e integración social e visibilidade.
Traballamos para que calqueira persoa con discapacidade, independentemente da súa idade, teña a oportunidade de practicar deporte e competir se ese é o seu desexo.
Gracias a todos por estar aí."

MEDALLEIRO SAN XEROME:
María F., OURO en disco, BRONCE en peso e BRONCE en xavelina, categoría absoluta.
Raúl Mansinho, PRATA en 100 metros lisos, PRATA en salto de lonxitude e BRONCE en 200 metros lisos, en categoría junior (sendo aínda infantil).
Óscar Moure, PRATA en 200 metros lisos e BRONCE en 100 metros lisos, categoría junior.
Fabio Martínez, BRONCE en lanzamento de disco, 4º lanzamento de peso e 5º lanzamento de xavelina, categoría absoluta. E seleccionado para representar a Galicia no Campionato de Atletismo de Seleccións Autonómicas.
Maite Santos, 7ª lanzamento de disco, 9ª en 400 metros lisos e 10ª en 800 metros lisos, categoría absoluta.
Borja Cadilla, 9º en 10000 metros lisos e 11º en 5000 metros lisos, en categoría absoluta.
Fabián González, 10º en 10000 metros lisos e 13º en 10000 metros lisos, en categoría absoluta.
Equipo San Xerome masculino, 6º en 4x100 metros lisos, categoría competición.(Óscar, Raúl, Borja e Fabián).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones