Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Smart Minho promove encontros entre técnicos municipais para facer da promoción e creatividade cultural un dos atractivos do territorio do Río Miño

A axenda de traballo iniciouse cunha primeira reunión en Tui con persoal técnico municipal de cultura galego

O obxectivo é a organización dunha actividade cultural singularizada que poña en valor o territorio do río Miño

Fecha: 13 de Mayo de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

Persoal técnico do proxecto Smart Minho, liderado pola Deputación de Pontevedra, mantivo esta semana unha reunión de traballo con axentes técnicos de municipios galegos no que supuxo o punto de partida dun proceso de reflexión sobre a cultura transfronteiriza, que ten por obxecto promover a organización dunha actividade cultural singularizada que valorice o territorio do rio Minho.

A axenda de traballo iniciouse con esta reunión, que tivo lugar en Tui, e continuará ao longo dos próximos meses con reunións en Portugal con persoal técnico de cultura dos municipios lusos e, finalmente, con encontros conxuntos.

Este proceso de reflexión parte do convencemento de que é preciso aproveitar as sinerxías e o potencial creativo existente en ambas as marxes do Río Miño Transfronteirizo (Festival da Poesía do Condado en Salvaterra, Festival de Cans en Porriño, PLAY DOC e IKFEM en Tui, Paredes de Coura, Bienal de Escultura de Tomiño e Vilanova da Cerveira, etc.).

Esta iniciativa desenvólvese no marco da actividade de dinamización de experiencias culturais conxuntas para achegar aos axentes territoriais e involucrar ás poboacións nos procesos de cooperación do proxecto Estratexia de Cooperación Intelixente Rio Minho Transfronteirizo, Smart Minho.

Os obxectivos desta acción son achegar aos axentes territoriais que se moven no campo da cultura, dinamizar redes de traballo conxunto no campo cultural, e facer unha reflexión colectiva sobre as potencialidades da cultura eurorrexional como elemento diferenciador do territorio.

Expertos e expertas en industrias culturais, valor cultural e cultura compartida da Eurorrexión de Galicia e Norte de Portugal, asociacións, empresas, artistas e axentes culturais do territorio; representantes de proxectos relevantes doutras rexións europeas e representantes de organismos públicos configurarán os actores clave a mobilizar nos próximos meses.

Smart Minho

O proxecto denominado "Estratexia de Cooperación Intelixente Rio Minho Transfronteirizo", Smart Miño, está cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones