Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Sobredo - conmemoracion do 97 aniversario dos sucesos

Os sucesos de Sobredo, cunha destacada repercusión en toda Galiza, simbolizan dende entón o acto solidario de loita contra a inxustiza e a explotación da sociedade labrega da época.

Os sucesos de Sobredo, cunha destacada repercusión en toda Galiza, simbolizan dende entón o acto solidario de loita contra a inxustiza e a explotación da sociedade labrega da época.

Fecha: 25 de Noviembre de 2019

Fuente: IEAMSO

No domingo, día 24 de novembro, realizouse a conmemoración dos sucesos de Sobredo, no seu 97 Aniversario. Os actos desenvolvéronse, no propio lugar de Sobredo (Guillarei - Tui), a partir das 11:00 horas da maña, no Campo dos Mártires; lugar onde se ergue o Monumento na memoria de Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis (Tui), Xoaquín Estévez, de Soutelo (Salceda), e Venancio González, de Budiño (Salceda), que perderon a súa vida neste sitio, baixo os tiros da Garda Civil, cando se opoñían ao embargo de bens a un veciño que non pagara rendas de foros, un 28 de novembro do ano 1922.

Os sucesos de Sobredo, cunha destacada repercusión en toda Galiza, simbolizan dende entón o acto solidario de loita contra a inxustiza e a explotación da sociedade labrega da época.

Neste aniversario dirixiuse ao público Carlos Babío Urkidi; investigador e co-autor do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio; quen na súa intervención salientou que a recuperación de Sobredo acada unha dimensión, que vai mais alá do sucedido neste lugar; xa que recolle o significado e a memoria de labregas e labregos que morreron cando loitaban pola mellora dos medios de vida e a reivindicación da plena propiedade da terra.

Recordou nese contexto a loita agraria de Meirás, nos anos 30; na que unha das vítimas foi o seu propio avó; un conflito que derivou nos anos a seguir, co golpe de estado de 1936, en represión aos lideres sociais que afrontaran a loita pola xustiza social e en contra os que cobraban rendas agrarias, sinalou, a relevancia de actos como o de Sobredo para recuperar a memoria colectiva das reivindicacións sociais, en momentos como o presente.

Asistiron ao acto representacións de entidades veciñais do Baixo Miño, O Condado, Val Miñor e Vigo; así mesmo, concorreron a Alcaldesa de Entidade Local Menor de Camposancos; a Alcaldesa do Concello de Salceda de Caselas; o Alcalde de Tui; e concelleiras e concelleiros de municipios da zona.

O Acto de conmemoración concluíu cunha ofrenda floral no Monumento aos Mártires; unha obra da autoría do escultor Camilo Nogueira, erguida no ano 1932, no décimo aniversario; derrubado no mes de xullo de 1936 e reconstruído en 1988, por iniciativa de entidades veciñais (Asociacións de Veciños, Comunidades de Montes, Culturais; etc.), pasados mais de cincuenta anos do seu derrube; ao ritmo da Antiga marcha do Reino, interpretada polo Grupo de Gaitas "Folieiros"; que así mesmo, tocou o Himno de Galiza.

Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo - IEAMSO

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones