Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Solicitude á Fomento da mellora da sinalización da A55 ao seu paso por Tui

Ao tempo demándase a revisión do alumeado e a colocación dalgún punto de luz novo

Ao tempo demándase a revisión do alumeado e a colocación dalgún punto de luz novo

Fecha: 07 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui dirixiuse á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, dependente do Ministerio de Fomento, solicitando a revisión e mellora dos datos incluídos nos paneis informativos situados na autovía A55 e ao seu paso polo termo municipal de Tui.

En concreto dende o concello solicítase a instalación de paneis turísticos reflectindo o conxunto histórico de Tui, declarado coma tal en 1967, e que forma parte do catálogo SISTHO dende 1998.

Por outra parte debido a que a información está incompleta nalgúns dos sinais se solicita na saída 29 en dirección a Portugal incluír "Portugal. Tui (Sur). A Guarda. Pol. Industrial Areas", para deste xeito evitar coma acontece con frecuencia que os condutores que descoñecen a zona tomen a saída cara Gondomar, pensando que é a última antes de entrar a Portugal. Do mesmo xeito na saída 30 suxírese ampliar a información colocando "Portugal. Valença. Porto", e engadir na saída o Polígono de Areas que arestora non figura.

Mentres na saída 23, tanto en sentido Portugal coma en sentido Vigo, solicítase incluír xunto ao Cerquido, Ribadelouro, xa que é o principal acceso a esta parroquia tudense.

Amais tense solicitado tamén a revisión do alumeado na A55 no tramo tudense xa que dende o concello tense constatado que hai varias farolas apagadas ou fundidas, e noutros puntos a iluminación e moi deficiente. Ao tempo tamén se demanda iluminar os acceso á A55 e a curva existente na saída 30 o que redundará nunha mellora da seguridade vial.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí