Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TANXARINA PRESENTA ESTE SÁBADO NO TEATRO MUNICIPAL DE TUI -A CASA DO AVÓ-

Será ás 18.30h baixo a dirección de Cándido Pazó. As entradas están xa á venda en www.culturatui.info

Será ás 18.30h baixo a dirección de Cándido Pazó. As entradas están xa á venda en www.culturatui.info

Fecha: 05 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, 5 de marzo, ás 18.30h a representación de "A casa do avó" da man de Tanxarina Títeres. Trátase dunha obra de teatro de monicreques de 50 minutos de duración dirixida a pública familiar a partir dos 5 anos.

Sobre o escenario estarán Andrés Giráldez Río, Eduardo A. Rodríguez Cunha "Tatán" e Miguel Borines Fernández, actores e manipuladores. A dirección corresponde a Cándido Pazó.

Entre o cómico e o poético están as pequenas aventuras dun neno por axudar ao seu avó, que vai ser desaloxado da súa casa por un banco. O apoio solidario propicia un final feliz nesta obra na que hai un xogo permanente entre bonecos, escenografía e actores. 

A compañía Tanxarina Titeres creouse no ano 1983 converténdose dende entón nunha das  formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de monicreques galego. Marionetas de fíos, monicreques de luva, de variñas, sombras chinas e outros forman parte das obras nas que a relación entre obxectos e actores é unha das sinais de identidade da compañía dende os seus primeiros espectáculos.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.


Tanxarina con "A casa do avó"

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Sábado, 5 de marzo, ás 18.30

Entradas:  á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17h no despacho de billetes

Prezo: 3,5€ e 2,5€.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones